Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Mércores, 12 de marzo de 2003 Páx. 2.965

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

ANUNCIO de contratación.

A Comisión de Goberno do Concello de Viveiro, en sesión que tivo lugar o día 24 de febreiro deste ano, aprobou o expediente de contratación da subministración que a seguir se relaciona:

1. Obxecto do contrato: é o obxecto do contrato a realización e execución dun plan de sinalización turística para a cidade de Viveiro, con suxeición ás especificacións e requisitos recollidos no prego de condicións técnicas e, en todo caso, de acordo coas seguintes fases:

1ª Fase: redacción do plan (que incluirá un programa de execución), e posterior aprobación municipal.

2ª Fase: execución do plan: subministración e instalación.

2. Procedemento e forma de adxudicación.

a) Procedemento: aberto.

b) Forma: concurso.

3. Orzamento base de licitación: establécese un tipo de licitación de douscentos corenta mil catrocentos catro euros con oitenta e catro céntimos (240.404,84 A), IVE incluído.

4. Garantías.

a) Provisional: catro mil oitocentos oito euros con dez céntimos (4.808,10 A).

b) Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

5. Obtención de documentación: o prego de condicións técnicas e o prego de cláusulas administrativas estarán á disposición de tódolos interesados no Negociado de Urbanismo e Contratación, sito nos claustros de San Francisco, avda. de Cervantes, s/n, das 8 ás 15 horas.

6. Prazo de presentación das proposicións: 15 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no último dos boletíns oficiais (DOG e BOP). No caso de que o décimo quinto día coincida en sábado, domingo ou festivo, entenderase o prazo prorrogado ata o día laborable seguinte.

7. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

8. Máis información: teléfono 982 56 22 58, das 8 ás 15. Fax: 982 56 31 56. Correo electrónico: viveiro*fegamp.es.

Viveiro, 26 de febreiro de 2003.

Justo Vázquez Chao

Alcalde accidental