Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Mércores, 12 de marzo de 2003 Páx. 2.964

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TUI

ACORDO do 4 de febreiro de 2003 polo que se anuncia a contratación da obra de rehabilitación de antiga casa cuartel da Garda Civil para edificio de 18 viviendas e anexo para vivenda de eivados.

Por este anuncio faise pública a contratación de referencia e se somete a exposición pública o prego que rexerá na contratación; poderanse interpor contra el, no prazo de 8 días a partir desta publicación, as reclamacións que consideren convenientes.

Simultaneamente, procédese á licitación da obra que poderá quedar suspensa á vista das reclamacións presentadas e logo de resolución no citado sentido.

1. Obxecto do contrato: obra de rehabilitación da antiga casa cuartel da Garda Civil para edificio de 18 vivendas e anexo para vivenda e eivados (Caldelas de Tui).

a) Descrición do obxecto: rehabilitación de edificio.

b) Prazo de execución: 12 meses.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa pública.

3. Orzamento base de licitación.

Importe total: 567.597,41 euros, IVE incluído.

4. Garantías.

a) Provisional: 2% do tipo de licitación.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

5. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo C; subgrupos 1, 2, 4, 5, 6, 7, 8, 9; categoría D.

6. Obtención de documentación.

Concello de Tui, teléfono 986 60 36 25.

7. Presentación das ofertas.

As proposicións, que se axustarán ó modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no rexistro do Concello de Tui antes das 14 horas do vixésimo sexto (26) día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidi-lo dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación das propostas rematará o primeiro día hábil seguinte.

8. Posibilidade de variantes.

Non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Concello de Tui, ás dez (10) horas do décimo primeiro (11) día natural contado a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reuniríase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax número 986 60 05 70 no mesmo día.

10. Gastos do anuncio.

O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Tui, 4 de febreiro de 2003.

Antonio F. Fernández Rocha

Alcalde