Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Mércores, 12 de marzo de 2003 Páx. 2.964

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan Parcial de Ordenación do Solo Urbanizable Non Programado número 31-1º sector (SUNP-31) de San Marcos.

O Pleno do Concello de Santiago de Compostela, na súa sesión do 28 de novembro de 2002, aprobou definitivamente o Plan Parcial de Ordenación do

Solo Urbanizable Non Programado número 31-1º sector (SUNP-31) de San Marcos, promovido pola mercantil Inmobiliaria Outeiro de Sar, S.L. (OUDESA, S.L.).

O acto da aprobación definitiva do citado Plan parcial foi comunicado á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda con data do 10 de febreiro de 2003, en cumprimento do disposto polo artigo 92.3º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

De acordo co sinalado no artigo 92.2º da citada lei, publicouse no BOP número 49, o día 28 de febreiro de 2003, o texto íntegro da normativa.

Contra o acordo de aprobación definitiva do citado Plan parcial poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2003.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde