Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Mércores, 12 de marzo de 2003 Páx. 2.964

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO do 29 de xaneiro de 2003 de exposición ó público da aprobación inicial de delimitación da unidade de execución e estudio de detalle no lugar de Peredo, Meirás.

Por Decreto da Alcaldía do 30 de decembro de 2002, aprobouse inicialmente a delimitación da unidade de execución e estudio de detalle no lugar do Peredo, en Meirás, a pedimento de Sada Darea, S.L., segundo o proxecto subscrito pola arquitecta Mª del Mar Jorge Paíño.

Este expediente exponse ó público polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da última publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia ou no xornal El Ideal Gallego, podendo os interesados durante o dito prazo examina-lo expediente na Secretaría Municipal e formular cantas alegacións estimen oportunas.

Sada, 29 de xaneiro de 2003.

Ramón Rodríguez Ares

Alcalde