Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Mércores, 12 de marzo de 2003 Páx. 2.963

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Por acordo da Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o 12 de febreiro de 2003, aprobáronse inicialmente os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, así como a forma de adxudicación, por procedemento aberto e pola forma de concurso, dos traballos de comprobación, revisión e actualización do Inventario Municipal de Bens e Dereitos e a formación do Inventario Separado do Patrimonio Municipal do Solo. Para tal

efecto publícase o seguinte anuncio consonte as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a realización dos traballos de comprobación, revisión e actualización do Inventario Municipal de Bens e Dereitos e a formación do Inventario Separado do Patrimonio Municipal do Solo.

b) Prazo de execución: o prazo máximo de execución da totalidade dos traballos será de 7 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Tipo de licitación: o prezo máximo do contrato fíxase en 45.000 euros IVE incluído.

5. Garantías.

Provisionais: 900 euros.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo. Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 86, 29 71 43, 29 71 44.

e) Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

g) Enderezo na Internet: ww.concellodelugo.org.

7. Requisitos específicos do contratista.

b) Outros requisitos: os sinalados no prego de condicións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: durante o prazo de quince días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de condicións.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo. Oficina de rexistro ou ben no lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197, planta baixa.

3ª Localidade e código postal: Lugo, 27002.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3ª planta).

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o terceiro día (agás sábado ou festivo) posterior ó do remate do prazo de presentación das proposicións, excepto no caso de aviso de presentación de proposicións por correo.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario, e o seu importe máximo é de 1.000 euros.

Lugo, 27 de febreiro de 2003.

P.D. (Decreto 60/1999)

Fernando X. Blanco Álvarez

Tenente alcalde delegado da Área de Economía,

Desenvolvemento Local e Emprego