Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Mércores, 12 de marzo de 2003 Páx. 2.948

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE BETANZOS

EDICTO (268/2002).

María Carmen Vázquez Rodríguez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos, dou fe e testemuño que no xuízo de faltas número 268/2002 se dictou a seguinte cédula de citación:

O/a xuíz/a do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos acordou citar a Vde. co fin de que o vindeiro día 11 de marzo, ás 10 horas, asista na sala de vistas ó xuízo de faltas arriba indicado, seguido por falta de furto (623), en calidade de denunciante.

Fáiselle saber que deberá comparecer con tódolos medios de proba de que intente valerse no acto de xuízo (testemuñas, documentos, peritos...) e que poderá acudir asistido de letrado, aínda que este non é preceptivo.

Apercíbese de que, de residir neste termo municipal, e non comparecer nin alegar xusta causa que llo impida, poderáselle impor unha multa e recaerá sobre ela o prexuízo a que houber lugar en dereito.

E para que conste e lle sirva de citación a Luz Estella Castillo Solarte, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Betanzos o 31 de xaneiro de 2003.

A secretaria

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA