Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Mércores, 12 de marzo de 2003 Páx. 2.947

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN TERCEIRA)

EDICTO (819/2002).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Sección Terceira da Audiencia Provincial, certifico que no

presente recurso nº 819/2002, dimanante dos autos de menor contía 550/2000 do Xulgado de Primeira Instancia número nove da Coruña, dictouse a sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva que son do teor literal seguinte:

«Sentencia.

Audiencia Provincial, A Coruña.

Sección Terceira.

Juan Ángel Rodríguez Cardama, presidente.

Juan Luis Pía Iglesias.

Rafael Jesús Fernández-Porto García.

Na Coruña, dous de setembro de dous mil dous.

Vistos pola Sección Terceira desta Audiencia Provincial, constituída polos señores que á marxe se expresan, os presentes autos de xuízo de menor contía nº 550/2000 que ante esta penden en grao de apelación, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número nove da Coruña, nos que é parte apelante FCE Banck PLC sucursal en España, representado/a polo/a procurador/a González Guerra e baixo a dirección do/a letrado/a Etcheverría Hermida; e doutra como apelada Tesourería Xeral da Seguridade Social, baixo a dirección do/a letrado/a da Seguridade Social; e en situación procesual de rebeldía O Forno D'Aboa, S.L., versando os autos sobre terceiría de dominio, sobre vehículo embargado en expediente administrativo.

Decidimos que estimando o recurso de apelación interposto contra a sentencia dictada polo maxistrado-xuíz de primeira instancia número nove da Coruña, no proceso sobre terceiría de dominio a que se refire o presente rolo, revógase a dita resolución e, en consecuencia, estimando a demanda presentada polo procurador González Guerra, en nome e representación de FCE Bank PLC sucursal en España, contra a Tesourería Xeral da Seguridade Social e O Forno D'Aboa, S.L., declárase que o vehículo Ford Transit, matrícula C-3761-BS, pertencía en propiedade á demandante ó tempo de ser embargado pola demandada, como da pertenza da codemandada O Forno D'Aboa, S.L., no expediente nº 103148126 da citada Tesourería Xeral da Seguridade Social, Dirección Provincial da Coruña, polo que procede alza-lo embargo practicado sobre este e cancela-la anotación realizada na Xefatura Provincial de Tráfico. Impóñenxe as custas do proceso á dita demandada TXSS e non se fai especial pronunciamento sobre as desta

alzada.

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que conste e se publique no DOG, e sirva de notificación á demandada rebelde O Forno D'Aboa, expídese e asínase o presente edicto.

A Coruña, tres de febreiro de dous mil tres.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE

BETANZOS