Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Mércores, 12 de marzo de 2003 Páx. 2.948

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo procedemento abreviado 383/2002, interposto por Mª Carmen Reza Montenegro.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Santiago de Compostela, providencia pola que se admite a trámite a demanda tramitada polo procedemento abreviado número 383/2002, formulada por Mª Carmen Reza Montenegro, contra a resolución da Dirección Xeral da Función Pública da Conse

llería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 21 de outubro de 2002, pola que se elevan a definitivas as relacións de admitidos e excluídos do concurso 02/2002 (Diario Oficial de Galicia do 25 de outubro).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2003.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública