Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Mércores, 12 de marzo de 2003 Páx. 2.944

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 28 de febreiro de 2003 pola que se procede ó nomeamento como funcionarios do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala facultativa de arquivos, dos aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001.

Rematado o proceso selectivo convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001 (DOG nº 199, do 15 de outubro) para o ingreso en distintas escalas do corpo

facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), e realizado o acto previsto na Orde do 12 de febreiro de 2003.

Esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no Decreto 95/1991 polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal de Administración da Xunta de Galicia, demais normas concordantes e nas bases da convocatoria do devandito proceso selectivo.

DISPÓN:

Nomear funcionarios do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala facultativa de arquivos, os aspirantes que superaron o proceso selectivo, polo sistema de promoción interna e acceso libre, e que se relacionan no anexo desta orde, ordenados de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles, como destinos provisionais os que figuran no anexo.

Para adquiri-la condición de funcionarios, as persoas a que se refire o anexo desta orde deberán cumpri-los requisitos esixidos no artigo 45 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo legalmente previsto.

O prazo de toma de posesión comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO

PROMOCIÓN INTERNA

APELIDOS E NOMEDNICAUSA DO POSTODENOMINACIÓNNIVELCONCELLOPROVINCIACARÁCTER

GARCÍA MIRAZ, Mª DEL MAR32629896-ACU.C99.40.301.15001.002SECCIÓN DE ARQUIVO24A CORUÑAA CORUÑAPROVISIONAL

ACCESO LIBRE

APELIDOS E NOMEDNICÓDIGO DO POSTODENOMINACIÓNNIVELCONCELLOPROVINCIACARÁCTER

LÓPEZ RODRÍGUEZ, OLIMPIA14594427-FCU.C99.40.301.27001.002SECCIÓN DE ARQUIVO24LUGOLUGOPROVISIONAL

LLANO BUJÁN, ESTRELLA32638000-BCU.C99.10.000.27001.032XEFE SECCIÓN DO ARQUIVO24LUGOLUGOPROVISIONAL

DÍAZ BERNÁRDEZ, Mª ASUNCIÓN33316597-QCU.C99.40.301.27001.005TÉCNICO SUPERIOR ARQUIVOS20LUGOLUGOPROVISIONAL

GARCÍA LÓPEZ, GLORIA Mª32768851-SCU.C99.40.301.15001.008TÉCNICO SUPERIOR ARQUIVOS20A CORUÑAA CORUÑAPROVISIONAL

TORREIRO MARTÍNEZ, Mª DEL ROSARIO33281116-RCU.C99.40.301.15001.005TÉCNICO SUPERIOR ARQUIVOS20A CORUÑAA CORUÑAPROVISIONAL

CORGO SOLLEIRO, CARMEN LUISA35552257-FCU.C99.40.301.36001.003TÉCNICO SUPERIOR ARQUIVOS20PONTEVEDRAPONTEVEDRAPROVISIONAL

SÁNCHEZ FERRO, PABLO02536688-HCU.C99.40.301.32001.004TÉCNICO SUPERIOR ARQUIVOS20OURENSEOURENSEPROVISIONAL