Rematado o proceso selectivo convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001 (DOG nº 199, do 15 de outubro), para o ingreso en distintas escalas do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), e realizado o acto previsto na Orde do 12 de febreiro de 2003.
Esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de
Galicia, no Decreto 95/1991 polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal de Administración da Xunta de Galicia, demais normas concordantes e nas bases da convocatoria do devandito proceso selectivo.
DISPÓN:
Nomear funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros de telecomunicacións, o aspirante que superou o proceso selectivo polo sistema de acceso libre e que se relaciona no anexo desta orde, de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlle, como destino provisional o que figura no anexo.
Para adquiri-la condición de funcionario, a persoa a que se refire o anexo desta orde deberá cumpri-los
requisitos esixidos no artigo 45 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo legalmente previsto.
O prazo de toma de posesión comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2003.
Jaime Pita Varela
Conselleiro da Presidencia, Relacións
Institucionais e Administración Pública
ANEXO
Apelidos e nome: Franco Tubío, Javier.
DNI: 32774254-J.
Código do posto: IC.C04.00.002.15770.015.
Denominación: enxeñeiro telecomunicacións.
Nivel: 26.
Concello: Santiago de Compostela.
Provincia: A Coruña.
Carácter: provisional.