Rematado o proceso selectivo convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001 (DOG nº 199, do 15 de outubro) para o ingreso en distintas escalas do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), e realizado o acto previsto na Orde do 12 de febreiro de 2003.
Esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no Decreto 95/1991 polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal de Administración da Xunta de Galicia, demais normas concordantes e nas bases da convocatoria do devandito proceso selectivo.
DISPÓN:
Nomear funcionarios do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala facultativa de museos, os aspirantes que superaron o proceso selectivo, polo sistema de promoción interna e acceso libre, e que se relacionan no anexo desta orde, ordenados de acordo coa puntuación final obtida, e adxu
dicarlles, como destinos provisionais os que figuran no anexo.
Para adquiri-la condición de funcionarios, as persoas a que se refire o anexo desta orde deberán cumpri-los requisitos esixidos no artigo 45 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo legalmente previsto.
O prazo de toma de posesión comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia
Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2003.
Jaime Pita Varela
Conselleiro da Presidencia, Relacións
Institucionais e Administración Pública
ANEXO
APELIDOS E NOME DNI CÓDIGO DO POSTO DENOMINACIÓN NIVEL CONCELLO PROVINCIA CARÁCTER
VILA MARTÍNEZ, Mª MONSERRAT 33217561-H CU.C99.40.201.15001.003 SECCIÓN C 22 A CORUÑA A CORUÑA PROVISIONAL
MOSQUERA COBIÁN, MANUEL 32757216-H CU.C99.40.201.15001.007 TÉCNICO SUPERIOR DE MUSEOS 20 A CORUÑA A CORUÑA PROVISIONAL
DORREGO MARTÍNEZ, FILOMENA ANUNCIACIÓN 33851197-G CU.C99.40.201.27100.007 TÉCNICO SUPERIOR DE MUSEOS 20 CASTRO DE REI LUGO PROVISIONAL
CARRIL CUESTA, ANA MARÍA 10840344-F CU.C99.40.201.32680.005 TÉCNICO SUPERIOR DE MUSEOS 20 RIBADAVIA OURENSE PROVISIONAL