Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Mércores, 12 de marzo de 2003 Páx. 2.945

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 3 de marzo de 2003 pola que se eleva a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala de profesores do Instituto Nacional de Educación Física de Galicia (acceso libre).

Publicadas as resolucións do 30 de xaneiro do 2003, dos tribunais A e B designados para cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala de profesores do INEF de Galicia (acceso libre), pola que se ordena a publicación das propostas de relación de aspirantes que superaron o devandito proceso selectivo (Diario Oficial de Galicia nº 40, do 26 de febreiro), e remitida pola Dirección xeral de Función Pública, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Elevar a definitivas as propostas dos tribunais por orde de número de praza dos aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala de profesores do INEF de Galicia (acceso libre), convocado pola Orde do 7 de agosto de 2002 (Diario Oficial de Galicia nº 160, do 21 de agosto) que se publica como anexo a esta orde.

Segundo.-Os aspirantes que constan no devandito anexo deberán remitir, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, os documentos a que se refire a base IV da orde de convocatoria.

Terceiro.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da súa publicación, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo os artigos 8.2º e 10.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO

Relación definitiva de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala de profesores do INEF de Galicia (acceso libre)

Nº prazaApelidos e nomeDNIFase de concurso1ª proba2ª probaTotal

1Bobo Arce, Marta3495528420333891

2Fernández del Olmo, Miguel Ángel3532315615.625293781.625

3Toja Reboredo, Mª Belén3277459020302878

4Sánchez Molina, José Andrés2907790420303383

5Tuimil López, José Luis3262720320363692

6Morenilla Burló, Luis2908043320343791

7Vázquez Lazo, Juan Carlos3242817020202060

8Areces Gayo, Alberto1055679020252974

10Dopico Calvo, Jorge3265008720223779

11Iglesias Soler, Eliseo3545460220253075

13Vales Vázquez, Ángel3277892720303585

14Fernández Romero, Juan José7640687220283684

15Ardá Suárez, Antonio3265233820223476

16Salvador Alonso, José Luis2787858720363591

17Gambau Pinasa, Vicente4633007320323082

18Gómez Varela, Joaquín3265675819.20283481.20

19Rivas Feal, Antonio3264527120253176

20Valverde Romera, Joaquina Mª2752524120302272

22Arriaza Loureda, Rafael5030062920222264