Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Mércores, 12 de marzo de 2003 Páx. 2.940

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2003 pola que se convocan unhas Xornadas sobre a reforma da Lei de axuizamento criminal.

Dentro do Plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública para 2003 e de acordo coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de

maio, de creación da Escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse unhas Xornadas sobre a reforma da Lei de axuizamento criminal, convocatoria que se desenvolverá conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

Poñer en coñecemento dos asistentes as últimas reformas efectuadas no axuizamento criminal español, concretamente as referentes ó procedemento abreviado, á introducción dos xuízos rápidos e inmediatos e á nova configuración da prisión preventiva. Incidirase na importancia que na práctica procesual cotiá terán tales reformas, sobre todo desde o punto de vista do persoal que traballa para a Administración de xustiza en Galicia, así como para os membros da Policía xudicial, ós que a nova configuración do axuizamento rápido e inmediato lles reserva unha importante misión. Así mesmo, estudiaranse os desafíos que estas reformas implican para a Administración autonómica, e tendo en conta as competencias asumidas en materia de persoal e de dotación de medios materiais á Administración de xustiza.

2. Contido.

Trataranse estes temas:

-A reforma do procedemento abreviado.

-Os xuízos rápidos.

-O novo xuízo de faltas.

-Medidas que se deben adoptar no ámbito competencial da Administración autonómica.

-A reforma da prisión provisional.

3. Destinatarios.

Persoal ó servicio da Xunta de Galicia e da Administración local galega, profesionais do dereito e interesados en xeral.

4. Desenvolvemento.

-Horario: mañá e tarde.

-Lugar e datas: as xornadas convocadas desenvolveranse no salón de actos do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol (praza Camilo José Cela s/n, da citada cidade), os días 26 e 27 de marzo de 2003.

5. Inscrición.

-Prazo: remata o luns, día 24 de marzo de 2003.

-Tramitación de solicitudes: as solicitudes irán dirixidas ó director da Escola Galega de Administración Pública; polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela, segundo o modelo que figura como anexo a esta convocatoria, e presentaranse no rexistro xeral da EGAP ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por telefax: 981 54 63 30.

-Número de prazas: limitado á capacidade do local.

-Inscrición fóra de prazo: só se admitirán, de quedaren prazas baleiras, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.

Os peticionarios poderán obter confirmación da súa posible admisión chamando por teléfono, o día 25 de marzo, das 8.30 ás 14.30 horas, ós seguintes números: 981 54 62 39/44 ou 981 54 60 40.

6. Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento das xornadas, así como o de

cancelalas se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

7. Certificación de asistencia.

Entregaráselles, ó remate destas xornadas, a aquelas persoas inscritas que concorresen asiduamente a elas, cando a súa asistencia sexa igual ou superior ó 85% das horas lectivas programadas, e expresarase neste documento a natureza da actividade e as datas da súa realización.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2003.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA