Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Mércores, 12 de marzo de 2003 Páx. 2.937

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, pola que se convocan catorce cursos de aplicador/manipulador de praguicidas de uso fitosanitario, para persoal de establecementos e servicios de praguicidas, de nivel básico e un curso de nivel cualificado.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se establece, na Comunidade Autónoma de Galicia, a normativa reguladora para a homologación de cursos de formación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipulador destes productos, establece no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que vaia celebrar.

En consecuencia, anúnciase a convocatoria de catorce cursos de aplicador/manipulador de praguicidas para persoal de establecementos e servicios

de praguicidas, de nivel básico e un curso de nivel cualificado que se celebrarán de acordo coas seguintes bases:

1. Clases de cursos que se van impartir.

Catorce cursos de aplicador/manipulador de productos fitosanitarios. Nivel básico.

Un curso de aplicador/manipulador de productos fitosanitarios. Nivel cualificado.

2. Datos do organismo organizador.

O organismo organizador será o Centro de Formación, Investigación e Tecnoloxía Agraria de Galicia.

3. Obxectivos dos cursos.

Conseguir unha formación adecuada para o persoal dos establecementos e empresas que manipulen ou presten servicios de tratamentos con praguicidas fitosanitarios, co obxecto de que poidan obte-lo carné de manipulador destes productos que os capacite para exerce-la dita actividade en todo o territorio estatal.

4. Destinatarios.

a) Destinatarios.

Cursos de nivel básico: persoal de establecementos e servicios praguicidas e persoal de organismos ou institucións que realicen tratamentos con praguicidas.

Curso de nivel cualificado: responsables de equipos de tratamentos terrestres e aéreos, persoal responsable en establecementos e os agricultores que os realicen na súa propia explotación empregando persoal auxiliar, sempre que os praguicidas manipulados non estean clasificados como moi tóxicos.

b) Nº de prazas.

Cursos de nivel básico e cualificado: o número de alumnos que poderá participar en cada un deles será de 30 como máximo.

c) Criterios de selección.

Cursos de nivel básico: o solicitante deberá ter polo menos 18 anos. Na selección terá prioridade, sempre que o xustifique documentalmente, o persoal dos establecementos de venda e o dos almacéns comunitarios e outros almacéns recollidos no artigo 4, puntos 1.4, 1.5, 1.6, 1.7 da Orde do 8 de abril de 1996, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se crea o Rexistro Oficial de Establecementos e Servicios Praguicidas e se dictan as normas de inscrición nel, na Comunidade Autónoma de Galicia.

Curso de nivel cualificado: o solicitante deberá ter 18 anos cumpridos. Tódolos solicitantes que non teñan estudios que validen o nivel básico (xustificado documentalmente) terán que estar en posesión do certificado do devandito nivel para poder solicita-lo de nivel cualificado. Na selección terán prioridade sempre que se xustifique documentalmente:

os responsables de empresas inscritas, ou en proceso de inscrición, no Rexistro Oficial de Establecementos e Servicios Praguicidas da Comunidade Autónoma (Orde do 8 de abril de 1996 conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servicios Sociais); aqueles solicitantes que estean traballando ou traballasen en empresas relacionadas co sector en cargos responsables; e aqueles con máis anos de experiencia.

5. Realización.

As clases correspondentes a estes cursos levaranse a cabo nos seguintes lugares:

a) Nivel básico.

CentroEnderezoNº de cursosDatas de celebración

Centro de Formación e Experimentación Agraria de Guísamo (A Coruña)Guísamo-Bergondo.

(A Coruña).

CP: 15640.

Tfno.: 981 79 52 20.

Fax: 981 79 53 75.

221-4-2003

6-10-2003

Centro de Formación e Experimentación Agraria de Sergude (A Coruña)Sergude-Boqueixón.

(A Coruña).

CP: 15881.

Tfno.: 981 51 18 15.

Fax: 981 51 18 15.

219-5-2003

13-10-2003

Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte de Lemos (Lugo)Estrada de Castro Caldelas s/n.

Monforte de Lemos (Lugo).

CP: 27400.

Tfno.: 982 40 06 65.

Fax: 982 40 43 08.

221-4-2003

27-10-2003

Centro de Formación e Experimentación Agraria Pedro Murias (Lugo)Vilaframil-Ribadeo (Lugo).

CP: 27797.

Tfno.: 982 13 10 17.

Fax: 982 13 10 29.

221-4-2003

27-10-2003

Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Leiro-Ourense)Ponte San Clodio.

Leiro (Ourense).

CP: 32427.

Tlfno.: 988 48 80 33.

Fax: 988 48 81 91.

15-5-2003

Oficina Agraria Comarcal de Xinzo de Limia (Ourense)Rúa Ladeira, 31, 1º.

Xinzo de Limia (Ourense).

CP: 32630.

Tlfno.: 988 46 00 24.

Fax: 988 46 23 77.

13-11-2003

Centro de Formación e Experimentación Agraria de Lourizán (Pontevedra)Igrexa, 19; Lourizán (Pontevedra).

CP: 36153.

Tfno.: 986 85 52 18.

Fax: 986 85 64 20.

22-6-2003

20-10-2003

Centro de Formación e Experimentación Agraria de Salceda de Caselas (Pontevedra)Entenza-Salceda de Caselas (Pontevedra).

CP: 34471.

Tfno.: 986 34 79 04.

Fax: 986 34 72 50.

212-5-2003

3-11-2003

Duración e horario:

A duración do curso será como mínimo de 21 horas lectivas distribuídas en 13 horas de clases teóricas e 8 de clases prácticas.

O horario do curso será de 15 a 19 horas de luns a xoves, e de 9 a 14 horas do venres.

Os coordinadores dos cursos poderán modifica-lo horario, ou ben, os días se fose necesario.

b) Nivel cualificado.

CentroEnderezoNº de cursosDatas de celebración

Centro de Formación e Experimentación Agraria Pedro Murias (Lugo)Vilaframil-Ribadeo (Lugo).

CP: 27797.

Tfno.: 982 13 10 17.

Fax: 982 13 10 29.

1Do 6

ó

31-10-2003

Duración e horario:

A duración do curso será de 35 horas teóricas e 25 horas de prácticas.

O horario do curso será de 9 a 14.30 horas os martes, mércores e xoves de cada unha das semanas de duración.

O coordinador do curso poderá modifica-lo horario, ou ben, os días se fose necesario.

6. Programa.

Os temarios que se impartirán son os que figuran no anexo II.

7. Coordinador técnico do curso.

De acordo coa facultade conferida no artigo 10 da Orde do 30 de xullo de 1997, a coordinación do curso será realizada a través do Centro de Formación, Investigación e Tecnoloxía Agraria de Galicia.

8. Solicitudes e inscrición.

a) Documentación: o persoal que desexe participar nestes cursos deberá presentar cuberta a solicitude que figura como anexo I xunto cunha fotocopia compulsada do DNI e, se é o caso, certificación do organismo ou servicio de praguicidas especificando o labor que desempeña o solicitante no mesmo.

A documentación sinalada anteriormente presentarase nos rexistros xerais da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural en horario de 9 a 14 horas, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

O prazo de presentación será ata 20 días naturais, antes da data de inicio do curso solicitado.

b) Admisión: a relación de solicitantes admitidos exporase no taboleiro de anuncios do centro onde se imparta o curso e do Centro de Formación, Investigación e Tecnoloxía Agraria de Galicia, no prazo de 5 días naturais, contados a partir do seguinte ó do prazo de finalización da inscrición.

9. Certificación de superación dos cursos.

É obrigatoria a asistencia a tódalas sesións dos cursos. Finalizados estes, realizaranse as probas pertinentes que avalen os coñecementos adquiridos polo alumno e no caso de superalas, expedirá o certificado co que poderá solicita-lo carné de manipulador de productos fitosanitarios, nivel básico ou cualificado, segundo corresponda, que é o único documento válido para poder exerce-la actividade e para os efectos de inspección por parte dos organismos oficiais correspondentes.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2003.

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Política

Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural

ANEXO II

* Programa dos cursos para productos fitosanitarios. Nivel básico:

1. Praguicidas: descrición e xeneralidades.

2. Riscos derivados da utilización dos praguicidas.

3. Perigosidade dos praguicidas para a saúde. Intoxicacións.

4. Práctica da protección fitosanitaria. Relación traballo-saúde, primeiros auxilios en caso de intoxicación.

5. Medidas preventivas e protectoras para evita-lo risco de uso de praguicidas.

6. Boa práctica fitosanitaria. Protección do ambiente e normas legais.

7. Exercicios prácticos.

8. Proba de avaliación.

* Programa do curso para productos fitosanitarios. Nivel cualificado:

1. Os inimigos dos cultivos e os danos que producen.

2. Procedementos de protección dos cultivos.

3. Praguicidas químicos: composición, formulacións.

4. Maquinarias de aplicación de praguicidas: tipos, conservación e regulación.

5. Boas prácticas agrícolas.

6. Riscos derivados da utilización de praguicidas.

7. Perigosidade dos praguicidas para a saúde. Intoxicacións.

8. Práctica de protección fitosanitaria. Relación traballo-saúde.

9. Intoxicacións. Primeiros auxilios.

10. Residuos de praguicidas.

11. Transporte, almacenamento e distribución.

12. Seguridade Social agraria.

13. Normativa legal.

14. Prácticas de protección fitosanitaria.

15. Proba de avaliación.