Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Mércores, 12 de marzo de 2003 Páx. 2.941

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 28 de febreiro de 2003 pola que se procede ó nomeamento como funcionario do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos de minas, do aspirante que superou o proceso selectivo convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001.

Rematado o proceso selectivo convocado pola Orde do 8 de outubro de 2001 (DOG nº 199, do 15 de outubro), para o ingreso en distintas escalas do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (gru

po B), e realizado o acto previsto na Orde do 12 de febreiro de 2003.

Esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no Decreto 95/1991, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal de Administración da Xunta de Galicia, demais normas concordantes e nas bases da convocatoria do devandito proceso selectivo.

DISPÓN:

Nomear funcionario do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos de minas, o aspirante que superou o proceso selectivo polo sistema de acceso libre e que se relaciona no anexo desta orde, de acordo

coa puntuación final obtida, e adxudicarlle, como destino provisional o que figura no anexo.

Para adquiri-la condición de funcionario, a persoa a que se refire o anexo desta orde deberá cumpri-los requisitos esixidos no artigo 45 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo legalmente previsto.

O prazo de toma de posesión comezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo dun 1 mes contado desde o día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO

Apelidos e nome: Perenas Verdugo, José Javier.

DNI: 33833272-L.

Código do posto: XU.C99.19.000.27001.105.

Denominación: posto base seguridade e saúde laboral.

Nivel: 16.

Concello: Lugo.

Provincia: Lugo.

Carácter: provisional.