Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Martes, 11 de marzo de 2003 Páx. 2.917

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO.

Mediante Decreto do 30-10-2002, a Alcaldía-Presidencia aprobou definitivamente o proxecto de compensación da unidade de execución do sector A, SAU-1, de Monteferro, Panxón, das normas subsidiarias de planeamento municipal, aprobado inicialmente pola Xunta de Compensación en asemblea xeral do 17-7-2002.

Faise pública a referida aprobación, con indicación de que o citado acordo pon fin á vía administrativa, polo que contra el cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición, no prazo dun mes, ante a Alcaldía, ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a publicación ou notificación, se é o caso.

Nigrán, 4 de marzo de 2003.

Manuel Rial Cadaval

Alcalde