Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Martes, 11 de marzo de 2003 Páx. 2.917

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 6 de febreiro de 2003, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización da rúa Marqués de Figueroa e de nova apertura, en Santa Icía, redactado polo enxeñeiro de camiños Manuel Pisos Veiga e promovido por Demetrio Alfonso Mourelle.

Exponse ó público polo prazo de 20 días contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, ó abeiro do previsto no artigo 110 da Lei 9/2002, así como o establecido no artigo 40 do Regulamento de xestión urbanística.

O expediente estará á disposición de calquera que desexe examinalo na Unidade de Obras, Urbanismo e Servicios, para formula-las alegacións que considere pertinentes.

Narón, 14 de febreiro de 2003.

Xoán Gato Díaz

Alcalde