A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 6 de febreiro de 2003, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización da rúa de nova apertura (esquina r/ Manuel Murguía), redactado pola arquitecta Ana Mª Fonticoba Graña e promovido por Mario Graña y Otro Promociones, S.L.
Exponse ó público polo prazo de 20 días contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, ó abeiro do previsto no artigo 110 da Lei 9/2002, así como o establecido no artigo 40 do Regulamento de xestión urbanística.
O expediente estará á disposición de calquera que desexe examinalo na Unidade de Obras, Urbanismo e Servicios, para formula-las alegacións que considere pertinentes.
Narón, 14 de febreiro de 2003.
Xoán Gato Díaz
Alcalde