Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Martes, 11 de marzo de 2003 Páx. 2.917

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-473).

Por resolución desta alcaldía 767/2003, con data do 20 de febreiro de 2003, acordouse aprobar inicialmente os estatutos da entidade urbanística de conservación para o SUNP A-42-R Toxeiras, en Montrove-Liáns.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de Urbanismo, das 9 ás 13 horas, tódolos días laborables, polo prazo de vinte días, a través de anuncio no Diario Oficial de Galicia, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 24 de febreiro de 2003.

Alfredo Novoa Gil

Alcalde en funcións