Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Martes, 11 de marzo de 2003 Páx. 2.911

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 12 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a incoación do expediente sancionador de animais OU 07/2002-AN, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola

Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a incoación do expediente sancionador por presunta infracción á Lei sobre animais 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade (DOG nº 75 do 22 de abril).

Noméase instructora dos expedientes a Míriam Areal López, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar e achegar por escrito alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

De non efectuaren ningunha alegación no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

De conformidade co artigo 42.4º, da Lei 30/1992, en relación coa Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, infórmase de que no caso de non resolve-lo presente expediente no prazo de seis meses, tendo en conta as posibles interrupcións do seu cómputo por causas imputables ó interesado, producirase a súa caducidade. A resolución que declare a caducidade ordenará o arquivo das actuacións cos efectos previstos no artigo 92 desta lei.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o director xeral de Conservación da Natureza, de conformidade co disposto no artigo 24.2º b) da Lei de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade en relación co Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda, farase efectiva empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial en Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.

Ourense, 12 febreiro de 2003.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU 07/2002-AN.

Denunciado: Dionisio Tejero Silva.

DNI: 71503272-K.

Último enderezo coñecido: r/ Outeiro, s/n Entoma, 32300-O Barco de Valdeorras.

Feito denunciado: atoparse nunha canceira 12 cans en malas condicións e 3 máis fóra dela, extremadamente delgados así como varios deles con síntomas de estaren gravemente enfermos ó teren feridas e non poderen case camiñar. A canceira desprende un cheiro inaguantable, está chea de excrementos dos animais, carece de auga corrente e mesmo se pode observa-lo cadáver dun can.

Precepto infrinxido e sancionador: art. 21.1º f) da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade en relación co art. 25 a), b), c) e art. 29 g) do Decreto 153/1998, do 2 de abril, polo que se aproba o regulamento que desenvolve a devandita lei

Sanción: 1.202,02 A e a incautación dos animais.