Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Martes, 11 de marzo de 2003 Páx. 2.910

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 11 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a incoación do expediente sancionador de residuos OU 076/2002-RE, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a incoación do expediente sancionador por presunta infracción á Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos.

Noméase instructora dos expedientes a Rita Sarria Hermida-Cachalvite, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º

andar e achegar por escrito alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

De non efectuaren ningunha alegación no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o delegado de Medio Ambiente, de conformidade co disposto no artigo 37 b) da Lei de residuos en relación co artigo 45 b) da Lei 1/1995, de protección ambiental de Galicia, o artigo 12.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro, que establece a estructura orgánica e funcional desta consellería.

De conformidade co artigo 42.4º, da Lei 30/1992, en relación coa Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, infórmase de que no caso de non resolve-lo presente expediente no prazo de seis meses, tendo en conta as posibles interrupcións do seu cómputo por causas imputables ó interesado producirase a súa caducidade. A resolución que declare a caducidade ordenará o arquivo das actuacións cos efectos previstos no artigo 92 desta lei.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda, farase efectiva empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.

Ourense, 11 de febreiro de 2003.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU 076/02-RE.

Denunciado: José Ramón Fiz Rodríguez.

DNI: 76721155.

Último enderezo coñecido: rúa San Sebastián, 19. 32630-Xinzo de Limia. Ourense.

Feito denunciado: vertedura de pedras procedentes da derruba dunha casa.

Precepto infrinxido e sancionador: art. 34.4º c) en relación co art. 34.3º b) da Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos.

Sanción: 300,51 A e a obriga de repoñe-las cousas ó seu estado anterior á infracción.