Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Martes, 11 de marzo de 2003 Páx. 2.910

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 11 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifican as propostas de resolución dos expedientes sancionadores OU 488/2002 IN e dous máis, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós denunciados, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinalará de seguido, as propostas de resolución dos correspondentes expedientes sancionadores por presunta infracción á Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro e de seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, en relación coa Resolución do 24 de xaneiro de 2002, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 2002 ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar e achegar por escrito as alegacións, e os documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos segundo o establecido no regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o delegado provincial de Medio Ambiente de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo, empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia, presentándoo en calquera entidade bancaria.

Ourense, 11 de febreiro de 2003.

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

Montserrat González Pérez

Instructora

ANEXO

Expediente nº/ano: OU 488/2002 IN.

Denunciado: Enrique Pérez Barba.

DNI: 05102190.

Último enderezo coñecido: r/ Calatrava, nº 12-3º, 02006 Albacete.

Feito denunciado: abandono de vehículo AB-7032-C.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 137.e) do Regulamento de 23-12-1972 en relación coa Resolución do 24-1-2002 da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

Sanción: 300,51 euros.

Expediente nº/ano: OU 507/2002 IN.

Denunciado: Antonio de Sousa Ferreira.

DNI: X-1321430-B.

Último enderezo coñecido: r/ Progreso, nº 75-3º, 32350 A Rúa.

Feito denunciado: abandono de vehículo BI-2835-Z.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 137.e) do Regulamento de 23-12-1972 en relación coa Resolución do 24-1-2002 da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

Sanción: 300,51 euros.

Expediente nº/ano: OU 512/2002 IN.

Denunciado: Manuel Garrido Blanco.

DNI: 34582953.

Último enderezo coñecido: r/ Pardo Bazán, nº 35, 32004 Ourense.

Feito denunciado: abandono de vehículo OR-020902.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 137.e) do Regulamento de 23-12-1972 en relación coa Resolución do 24-1-2002 da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

Sanción: 300,51 euros.