Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Martes, 11 de marzo de 2003 Páx. 2.912

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2003 pola que se fai pública a adxudicación definitiva dunha concesión para a explotación dunhas instalacións náutico-deportivas no porto de Ares.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Explotación e Planificación.

c) Número de expediente: 12-08-02-C-1.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: explotación dunhas instalacións náutico deportivas no porto de Ares.

b) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, número 189, do 1 de outubro de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación ou canon de explotación.

a) Importe total:

-Pola superficie de terra ocupada, 2,31 euros/m/ano.

-Polas prazas de amarre de uso público, 15,84 euros/m/ano.

-Pola ocupación de edificio de servicios, 14.838 euros anuais.

-Polo desenvolvemento das actividades comerciais, industriais ou de servicios ó público o 1%

da facturación anual total das instalacións, cunha contía mínima anual de 684 euros.

5. Adxudicación.

a) Data: 30-1-2003.

b) Adxudicatario: Club Náutico Ría de Ares.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe adxudicación:

-Pola superficie de terra ocupada, 2,31 euros/m/ano.

-Polas prazas de amarre de uso público, 15,84 euros/m/ano.

-Pola ocupación de edificio de servicios, 14.838 euros anuales.

-Polo desenvolvemento das actividades comerciais, industriais ou de servicios ó público o 1% da facturación anual total das instalacións, cunha contía mínima anual de 684 euros.

e) Prazo adxudicación: cinco anos prorrogables por períodos sucesivos de cinco anos ata un máximo total de trinta anos.

6. Outras informacións: en cumprimento do previsto no artigo 58 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase, advertindo que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible do recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, de conformidade co artigo 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, o interesado poderá optar por interpor contra esta resolución, recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, perante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto no artigo 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2003.

Carlos Negreira Souto

Presidente do ente público Portos de Galicia