Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Martes, 11 de marzo de 2003 Páx. 2.901

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2003 pola que se publica a relación de solicitudes de autorización para a instalación de parques eólicos admitidas a trámite ó abeiro da Orde do 13 de novembro de 2002 (Diario Oficial de Galicia número 227, do 25 de novembro).

Visto o expediente tramitado e tendo en conta os seguintes fundamentos de feito:

1. O 25 de novembro de 2002 foi publicada no DOG nº 227 a Orde do 13 de novembro de 2002 pola que se abría o prazo para a presentación de solicitudes de autorización para a instalación de parques eólicos, en cumprimento do establecido no artigo 15.1º do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, establecendo na súa disposición segunda o prazo dun mes para a presentación das ditas solicitudes.

2. Durante o referido prazo dun mes presentaron solicitudes os promotores que se relacionan a continuación.

Parques eólicos:

PromotorParques eólicosPotencia

parque (MW)

Paravento, S.L.Paradela20

Autoridade Portuaria de FerrolCabo Prioriño9

Autoridade Portuaria da CoruñaPunta Langosteira20

Costiña, S.L.Corneira19,5

Hidrogeológica, S.L.Carril1,3

Aerogeneradores Eléctricos Españoles, S.L.Cerceda

Padrón

Barco Valdeorras

A Peroxa

20

20

20

20

Vientos del Cantábrico, S.L.Vilachá20

Enviroil Galicia, S.A.Santa Mariña

Monteagudo

36

39

Eólica de Galicia, S.A.Monte Rande9,24

Unitec Técnicas UnidasAlto do Lendo19,5

Estega Estudios, S.L.Alto do Castro49,5

Hidro GiestaMoeiras7,2

Concello de ToquesToques19,5

Unión FenosaMonteneme

Silvarredonda

Casa

Codesa

18,2

16,9

28,6

50

Central de Maseiriños, S.L.Penalonga2,25

Virandel, S.L.Serra do Páramo25,5

Vento AbregoPedre50

AlcoaMurás

Roncadoira

20

20

Antonio Pensado GonzálezCampelo12,5

Wincono Nuevos Vientos, S.L.Serra da Loba20

Udra Industrial, S.A.Outeiro dos Bois19,5

Fordoven, S.L.Costoira49,9

Escambeo, S.L.Areosa50

DESALa Celaya

Ponte Rebordelo

Balsagueiro

Muxía I

Muxía II

Fontesina

Salgueiras

28,2

40,2

32,3

49,8

24,6

24

10,2

Sociedad Eléctrica de Maceira, S.L.Chan do Seixo19,5

EngasaSanta Comba

Xiabre

23,8

40,5

Helvella, S.L.Cerdido

Barro Blanco

20

20

Eólicas do SilAmpliación de Meda

Serra do Burgo

13,6

11,9

Viñao, S.L.Pena da Cruz20

Bárbara CriadoPena do Voitre

As Vedras

Chan das Lagoas

Monte da Lebre

Santa Mariña

12

2,4

5,4

1,5

3

Acciona Eólica, S.A.Álabe Monte Maior Norte

Álabe Maior Sur

22,5

18

Jealsa RianxeiraGraiade19,5

Econoler, S.A.Monteventoso

Pena do Voitre

1,2

21

EASASerra de Outes

Serra Seca

44,8

48,75

NordtankMontouto

Moncelos

49,5

10,5

Hidroeléctrica Galaico-PortuguesaIrixo

Faro

Paraño

Serra da Queixa

Serra do Vieiro

40

49,5

49,5

49,5

27,75

Eólicos del TouriñánTouriñán IV

Touriñán III

Touriñán VII

25

20

10

EuroventoGoa

Gamoide IIF

Riobó

Buio

Fonteavia

Bidueiros

Riomao

5,2

10,4

20,8

48,1

49,4

49,4

5,2

NorventoFiouco

Cadeira-Cerrollano

Sasdónigas

24,7

49,4

30

PromotorParques eólicosPotencia

parque (MW)

EnerfínFarelo II

Guillar

Montecacho

31,73

26,72

3

InvertaresaMontes de Abella

Cordal de Montouto

Serra do Eixe

Cernego

18

18

18

18

Ambipal, S.L.Montes de Abella

Cordal de Montouto

Serra do Eixe

18

18

18

AquagestCernego

Montes de Abella

Cordal de Montouto

Serra do Eixe

18

18

18

18

AlenPadornelo

Monte de Piquiño

6

5

Energías del Ribeiro, S.L.O Ribeiro7,2

Hidroeléctrica de OurolP.E. de Ourol49,5

GamesaSerra de Meira

Serra da Loba

Pena de Cruz

Pedregal-Tremuzo

Alto da Croa

Monte Roma

Pousadoiro

49,3

36

10,2

14

50

26

49,3

Edasa Eólica Solpor, S.L.Serra do Eixe20

Hepotas, S.L.Parque Eólico de Hepotas11,2

Manuel Ferreiro GarridoP.E. de Manzoi80

Pereira de Montes, S.L.Serra da Lastra24,8

3. Así mesmo e de acordo co disposto na disposición adicional da Orde do 13 de novembro de 2002 que recolle o mandato da disposición transitoria terceira do Decreto 302/2001, inclúense de forma automática na relación de solicitudes para valorar todas aquelas que se encontran en tramitación, aínda no suposto de que os promotores non presentaran en prazo a citada solicitude na referida disposición transitoria.

4. Oído o Inega en cumprimento do establecido no artigo 17 do Decreto 302/2001.

Tendo en conta os seguintes fundamentos de dereito:

1. A Consellería de Innovación, de Industria e Comercio é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e o Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e o Decreto que regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, Decreto 302/2001, do 25 de outubro.

2. Para realiza-lo reparto da potencia asignada a parques derivados de plans eólicos seguiuse como criterio principal a circunstancia de que os expedientes se encontrasen xa en tramitación administrativa (artigo 3.1º a) da Orde do 13 de novembro de 2002) unindo este criterio ó de garanti-la viabilidade de cada plan.

Tampouco se consideraron os promotores que obtiveron un plan ó abeiro do establecido na disposición transitoria segunda do Decreto 302/2001, ó considerarse que os seus plans, aínda nun estado incipiente, non reúnen os requisitos para facerlles aplicable a transitoriedade desta convocatoria, que prima aqueles intereses, xa concedidos, anteriores á promulgación do Decreto 302/2001.

Ademais, tamén se debe indicar que, da potencia inicialmente prevista para adxudicar a parques eólicos non derivados de plan, unha porcentaxe desta se adxudica a parques derivados de plans eólicos ó darse as circunstancias previstas no último inciso do artigo 4 da Orde do 13 de novembro de 2002, xa que a imposibilidade de evacuación da enerxía producida ou a necesidade de garanti-lo desenvolvemento dos plans eólicos xa outorgados fan que un alto número de solicitudes de parques individuais non poidan ser nestes momentos consideradas.

3. Débese ter tamén en conta que os parques correspondentes a Ecyr, DESA, Acciona Eurovento, Norvento e Gamesa forman parte do desenvolvemento dos convenios para a realización de estructuras de evacuación e transporte, como son os asinados con Viesgo e Unión Eléctrica Fenosa, polo que no que se refire á planificación están considerados desde un principio pola Administración autonómica, atendendo tamén ó establecido no artigo 17.2º c) do Decreto 302/2001.

4. No referido ás solicitudes de parques eólicos non derivados da execución de plans eólicos, a Orde do 13 de novembro de 2002 instaura como criterio que ter en conta a circunstancia de ter iniciado xa o procedemento como consecuencia do principio prior tempore prior iure xunto ás circunstancias de que non supoñan un incremento real da enerxía vertida á rede ou que a instalación veña apoiar iniciativas empresariais en zonas Zur ou Rechar.

Con respecto a estes dous últimos criterios soamente se presentaron dous parques que poidan acollerse a estes: Graiade promovido por Jealsa Rianxeira, S.A. que non se consideraría para os efectos de cómputo de potencia ó ser unha solicitude fundamentada no art. 3.2º b) da Orde do 13 de novembro de 2002 e Monte Rande por Promotora Eólica de Galicia.

5. Chegados a este punto, as dúas directrices esenciais que se deben ter en conta son por un lado o grao de avance do expediente e, por outro, a factibilidade de evacuación da enerxía producida. Así, considérase que poden segui-la tramitación as seguintes solicitudes:

Serra do Eixe promovido por Edasa, Serra do Páramo promovido por Virandel, Riveiro promovido por Energías del Riveiro, A Valiña promovido por Eólica Noroeste, Ourol promovido por H. Ourol, Montes de Albella promovido por Invertaresa.

6. Tendo en conta a circunstancia de que unha alta porcentaxe dos parques seleccionados non completou a súa tramitación administrativa e que esta

inclúe de forma preceptiva unha avaliación ambiental que á súa vez incorpora informes doutros organismos con competencias que afectan a autorización de instalacións eléctricas, e que do contido destas pode derivarse unha diminución na potencia outorgada definitivamente a cada solicitude, para os efectos de garanti-la adxudicación da totalidade da potencia ofertada, é polo que no suposto de que se produza efectivamente a dita situación, se dictará unha nova resolución elaborada con base nos mesmos criterios que se tiveron en conta para determina-los parques que han de continua-la súa tramitación, e en particular, procurando como xa se expuxo anteriormente, preserva-la viabilidade dos plans eólicos aprobados.

Polo exposto,

RESOLVO:

Que nos expedientes que a continuación se relacionan prosiga a tramitación administrativa de autorización de parques eólicos:

PromotorParquePotencia

(MW)

EngasaXiabre20

Hidroeléctrica Galaico PortuguesaIrixo20

Unión Fenosa Energías EspecialesSilvarredonda16,9

Eólicos del TouriñánTouriñán IV25

NordtankMontouto40

EASAOutes34

Eólicos do SilAmpliación Meda13,6

Ampliación Serra do Burgo11,9

Acciona Eólica, S.A.Montemaior Norte22,5

Montemaior Sur12,75

NorventoFiouco24,7

EcyrPena Ventosa49

Chan do Tenon25

EuroventoGoa5,2

Gamoide10,4

Rioboo20,8

Buio48,1

Fonteavia21,61

GamesaSerra de Meira49,3

Serra da Loba36

Ampliación Serra da Cruz10,2

Ampliación Pedregal Tremuzo14

DESALa Celaya28,2

Ponte Rebordelo40,2

Somozas Energías RenovablesRequeixo10,5

Edasa Eólica SolporSerra do Eixe18

Virandel, S.L.Serra do Páramo16,5

Energías del Ribeiro, S.L.Ribeiro7,2

Eólica del NoroesteA Valiña7,2

Hidroeléctrica OurolOurol18

InvertaresaMontes de Abella14

Promotora Eólica de GaliciaMonte Rande9,24

Total700

Parques en substitución de coxeración:

PromotorParquePotencia

(MW)

Jealsa Rianxeira, S.A.Graiade19,5

Contra esta resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, desde o día seguinte ó da súa publicación, de acordo co establecido no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, ó amparo do disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen procedente.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2003.

P.D. (Orde 21-1-2003, DOG nº 17, do 27 de xaneiro)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Innovación,

de Industria e Comercio

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL