Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Martes, 11 de marzo de 2003 Páx. 2.901

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 10 de febreiro de 2003, do Servicio de Informes e Recursos da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00337-I-2002).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as denuncias que se formularon contra eles. Por este motivo iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar ás sancións que tamén se citan.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de alegaren por escrito perante esta Subdirección Xeral de Inspección de Transportes o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas dentro dos quince días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula.

Para que conste, e lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2003.

Alberto Eiras Martínez

Xefe de Servicio de Informes e Recursos da

Subdirección Xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

DX-00337-I-2002

Obstrucción

3325183846L145100493

Silgomarán, S.L.

El Pilar, 17

36700 Tui, Pontevedra

Con data de rexistro de saída 30 de setembro de 2002, foi requirida a empresa Silgomarán, S.L., para que no prazo de 10 días, a contar desde a recepción do requirimiento, remitise a esta subdirección xeral os discos-diagrama dos vehículos no mesmo sinalados, do período comprendido entre o 9 de xuño e o 28 de xullo de 2002, así como relación de conductores que prestaron os seus servicios nos vehículos durante o dito período de tempo. Segundo o correspondente xustificante a recepción do requirimento tivo lugar o 2 de outubro de 2002. Transcorrido o prazo sinalado non se cumpriu co citado requirimento, o que constitúe unha infracción moi grave por obstrucción á actuación dos servicios de inspección, impedíndolles o exercicio das súas funcións.

Na graduación da sanción ten en conta que a empresa Silgomaran, S.L. foi sancionada por resolución definitiva en expediente DX-00377-I-2001 por non ter enviado os discos-diagrama de tacógrafo.

3-12-2002; 14.35.18

Artigo 33 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres (BOE nº 182, do 31 de xullo) e artigo 19 do Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, regulamento da Lei 16/1987 (BOE nº 241, do 8 de outubro)Artigo 143 da Lei 16/1987 e artigo 201 do R.D. 1211/19902.760 euros