Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Martes, 11 de marzo de 2003 Páx. 2.904

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2003 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso, procedemento aberto e trámite de urxencia, das obras que se citan.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: 1. Pavimentación camiño Gradoi-Cruce-Vilachave (As Somozas, A Coruña), X-5576. 2. Melloras do afirmado de pistas en Arcos, Chacín, Morañas e Colúns (Mazaricos-A Coruña), X-6021. 3. Camiño rural de Trasmonte a Piñeiro (Friol-Lugo), X-5715. 4. Camiño rural de Carballo á Laxe (Friol-Lugo), X-5716. 5. Reconstrucción e mellora da canle de regadío (Carballeda de Valdeorras-Ourense), X-4236. 6. Mellora da capa de rodadura do camiño rural de Fervenza-O Faro (Rodeiro-Pontevedra), X-5121. 7. Mellora da capa de rodadura camiño Berrozo (Forcarei-Pontevedra), X-5194. 8. Mellora da capa de rodadura do camiño CO4 de

acceso ó Candán, -sector oeste- (Soutomaior-Pontevedra), X-5368. 9. Mellora da capa de rodadura do camiño TU-7, Outeiriño-O Souto-Postes (Tui-Pontevedra), X-5774. 10. Mellora da capa de rodadura do camiño O Val-Cortellas (Soutomaior-Pontevedra), X-5858. 11. Alargamento e mellora da capa de rodadura do camiño -baixada a Viñó- (Cangas-Pontevedra), X-5878. 12. Construcción do camiño TU-1 (tramo III-2) de Pexegueiro a Marco de Friande (Tui-Pontevedra), X-5994, de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

b) Número: 12 obras.

c) Lugar de execución: o que se especifica no prego de cláusulas administrativas.

d)Prazo de execución: o que se especifica no prego de cláusulas administrativas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

ObraOrzamentoAno 2003Ano 2004

Pavimentación camiño Gradoi-Cruce-Vilachave. X-5576150.125,4675.062,7375.062,73

Afirmado pistas Arcos-Chacín-Morañas-Colúns. X-602176.830,3930.732,1646.098,23

Camiño rural de Trasmonte a Piñeiro. X-571563.244,1231.622,0631.622,06

Camiño rural de Carballo á Laxe. X-571665.816,5332.908,2732.908,26

Reconst.e mellora canle de regadío, Carballeda V. X-423667.545,7333.772,8733.772,86

Camiño rural de Fervenza-O Faro. X-512180.217,0940.108,5540.108,54

Camiño Berrozo. X-519480.351,5840.175,7940.175,79

Camiño CO4 de acceso ó Candán -sector oeste-. X-536869.509,5834.754,7934.754,79

Camiño TU-7, Outeiriño-O Souto-Postes. X-577468.287,3034.143,6534.143,65

Mellora capa rodadura camiño O Val-Cortellas. X-5858106.710,2453.355,1253.355,12

Mellora capa rodadura camiño baixada a Viñó. X-587879.979,9439.989,9739.989,97

Camiño TU-1, Pexegueiro a Marco Friande. X-5994219.593,15109.796,58109.796,57

5. Garantías.

Provisional: o 2% do orzamento de licitación de cada obra.

Definitiva: o 4% do orzamento de adxudicación de cada obra.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 57 55.

e) Telefax: 981 54 57 53.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables, excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través da Internet no enderezo: http://www.xunta.es/contratación.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e finalizará ós oito días naturais, ás 14 horas, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural (edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

d) Prazo no que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses, contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Posibilidade de variantes.

Non se admiten.

9. Clasificación.

Obra nº 1. Pavimentación camiño Gradoi-Cruce-Vilachave. X-5576.

Grupo G, subgrupo 4, categoría c.

Obra nº 12. Camiño TU-1, Pexegueiro a Marco Friande. X-5994.

Grupo G, subgrupo 6, categoría c.

No resto das obras non procede a clasificación.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da consellería, o terceiro día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 13 horas.

11. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2003.

P.D. (Orde 19-12-2001)

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Política

Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO