Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Luns, 10 de marzo de 2003 Páx. 2.864

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 12 de febreiro de 2003, da Delegación Territorial de Vigo, de notificación da resolución de arquivo de expediente administrativo sancionador e de restitución e reposición da legalidade e a incoación de novo expediente a Jesús Gallego Otero por realización de obras no lugar de Muíño-Santa Cristina de Cobres, termo municipal de Vilaboa (Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo I o acordo da delegada territorial desta consellería en Vigo, pola que se acorda o arquivo de expediente administrativo sancionador e de restitución e reposición da legalidade e a incoación dun novo expediente administrativo sancionador e de restitución e reposición da legalidade nº 82.9/00 (B), polos feitos sinalados, presumiblemente constitutivos dunha infracción da Lei 22/1988, de costas (no sucesivo L.C.) e do seu regulamento xeral para o desenvolvemento e execución da L.C., aprobado polo Real decreto 1471/1989 e modificado polos RR.DD. 1112/1992 e 1771/1994 (en diante R.C.), nomeándose o persoal do Servicio de Usos do Litoral desta delegación territorial, como instructor a Alfonso Fernández Fernández e secretario a Francisco Javier Fernández Rosendo, (Decreto

125/2002, do 4 de abril).

Os nomeamentos de instructor e secretario poderán ser impugnados polas causas establecidas nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992

Ó mesmo tempo, o máis elemental principio de economía procesual consagrado legalmente incluso para os supostos de declaración de nulidade dos actos administrativos, (artigo 66 da Lei 30/1992) determina a conservación dos actos e trámites realizados nos que o seu contido non supoña unha mingua na posiblidade de defensa dos intereses do denunciado, especificamente a acta da proba pericial e a valoración da arquitecta técnica.

En virtude do anterior acordo, o instructor do expediente formulou prego de cargos, do que se relacionan no anexo II os preceptos infrinxidos, sancionadores e a posible contía da sanción polos feitos imputados, dispoñendo o expedientado dun prazo de dez (10) días, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para formular alegacións e propor, se é o caso, a práctica

daquelas probas que considere pertinentes para a determinación dos feitos, tal como dispón o artigo 194.8º do R.C.

De conformidade co establecido no artigo 42.4º da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, cómpre informalo de que o prazo máximo establecido para a tramitación do presente expediente é de 6 meses. Transcorrido o referido prazo sen recaer resolución no expediente producirase a caducidade sen que esta implique por si soa a prescrición das accións do particular ou da Administración, pero os procedementos caducados non interromperán o prazo de prescrición (artigos 44.2º e 92.3º da lei citada anteriormente).

Así mesmo, cómpre informa-lo de que este prazo de 6 meses quedará suspendido:

Cando deba requirirse ó interesado emenda de deficiencias, achega de documentos e outros elementos de xuízo necesarios, polo tempo que medie entre as notificacións e o seu efectivo cumprimento polo interesado ou, no seu defecto, polo transcurso do prazo concedido.

Cando deben solicitarse informes, desde a petición del, que deberá notificarse ó interesado, ata a súa recepción, non excedendo en ningún caso de 3 meses.

Cando deban realizarse probas técnicas ou análises contradictorias, polo tempo necesario para a incorporación dos resultados ó expediente.

Vigo, 12 de febreiro de 2003.

Paloma Rueda Crespo

Delegada territorial de Vigo

ANEXO I

Expediente número: 82.9/00 (B).

Denunciado/a: Jesús Gallego Otero.

Condición: promotor.

Último enderezo coñecido: Santa Cristina de Cobres-36140 Vilaboa.

Data do acordo: 23-10-2002.

Feitos: ampliación de vivenda e construcción de garaxe.

Lugar: Santa Cristina de Cobres.

Concello: Vilaboa.

Medidas de carácter provisional: ordena-la inmediata paralización das obras ou actividades obxecto do presente expediente advertíndolle que, noutro caso, procederase ó seu precinto ou á retirada dos materiais preparados para seren utilizados na obra e a maquinaria afecta a ela, de conformidade cos artigos 103 e 104 da L.C. e 194 e 195 do R.C.

Contra esta orde de paralización poderá interporse recurso de alzada perante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos no prazo dun mes, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Circunstancias modificativas: se o presunto infractor corrixe no prazo de quince (15) días a situación creada polos feitos que son obxecto deste expediente,

poderá reducirse ata a metade a contía da multa que puidese imporse, segundo os artigos 97.3º da L.C. e 187.1º do R.C.

ANEXO II

Preceptos infrinxidos: artigos 25.2º, e 26.1º da L.C., 46.1º e 48.1º do R.C. e DD.TT. cuarta 2 c) da L.C. e décimo terceira 1 c) do R.C.

Preceptos sancionadores: artigos 90 c), da L.C. e 174 c) do R.C.

Cualificación e contía da posible sanción: artigos 91.2º e) e 97.1º da L.C. e artigos 175.2º e) e 183 b) en relación co artigo 184 do R.C., podendo recaer unha multa do 25% do valor das obras executadas.

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL