Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Luns, 10 de marzo de 2003 Páx. 2.862

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2003 pola que se autoriza a ampliación da toma de auga de mar, así como a reforma da caseta de bombeo nunha granxa mariña situada en Ardia, municipio do Grove (Pontevedra), titularidade de Insuíña, S.L.

Examinado o expediente instruído para efectos de reforma dunha caseta de bombeo para a minoración do impacto ambiental, apreciáronse os seguintes:

A) Feitos:

Primeiro.-Insuíña, S.L. é titular dunha granxa mariña outorgada por Orde do 24-4-1984 (DOG do 8 de maio) situado no lugar de Ardia, municipio do Grove (Pontevedra).

Segundo.-Con data do 9-8-1995 a Dirección Xeral de Costas do Ministerio de Medio Ambiente deixou en suspenso a emisión do informe sobre a prórroga da concesión de ocupación do dominio público marítimo terrestre para a citada granxa, requirindo que se modificara a instalación das tubares de captación

de auga de mar e a localización da caseta de bombeo fóra da zona do dominio público.

Terceiro.-Con data do 15-2-2002 a Dirección Xeral de Costas informa favorablemente esa prórroga, de acordo co proxecto presentado por Insuíña, S.L. titulado Proxecto de ampliación e mellora da instalación de elevación de auga salgada para granxa mariña en Ardia, elaborado por Eloy Fernández-Valdés Martínez-Estéllez en marzo de 2000.

Cuarto.-Con data do 14-8-2001 Enrique de Llano Monelos (DNI 32369857-W) no nome e en representación de Insuíña, S.L., CIF B-36021954, solicita autorización para a ampliación da toma de auga de mar, así como para a reforma da caseta de bombeo.

Quinto.-O interesado achegou a documentación requirida para a tramitación deste tipo de expedientes.

Sexto.-No expediente consta a seguinte documentación:

-Informe do Concello do Grove.

-Informe técnico biolóxico.

-Informe da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Informe da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

-Informe xurídico emitido polo Servicio Técnico-Xurídico.

B) Fundamentos de dereito.

Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101), co Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre (DOG nº 142) e coa Orde do 27 de marzo de 2000, pola que se regula o procedemento para o outorgamento do permiso de actividade a establecementos de cultivos mariños e auxiliares na zona terrestre (DOG nº 67).

Examinadas as disposicións citadas, a proposta de resolución da Delegación Territorial de Vigo, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería

RESOLVE:

Autorizar a Insuíña, S.L. (CIF B-36021954) a ampliación da toma de auga de mar, así como para a reforma da caseta de bombeo no seguinte establecemento de cultivos mariños:

-Tipo: granxa mariña.

-Localización: Ardia-O Grove (Pontevedra).

-Data de outorgamento: Resolución do 24-4-1984 (DOG do 8 de maio).

-Vixencia: 24-4-2004.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-A presente autorización non leva consigo modificación da ocupación do dominio público outorgado.

Segunda.-As obras, que poderán dar comezo no momento no que a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental aprobe o plan de vixilancia e seguimento ambiental e o titular dispoña das autorizacións preceptivas dos distintos organismos competentes na materia, levaranse a cabo conforme o proxecto presentado por Insuíña, S.L. titulado Proxecto de ampliación e mellora da instalación de elevación de auga salgada para granxa mariña en Ardia, elaborado en marzo de 2000 por Eloy Fernández-Valdés Martínez-Estéllez, así como no Anteproxecto de reforma de caseta de bombeo para minoración de impacto ambiental elaborado en xullo de 2001 por Francisco Álvarez Pérez.

Así mesmo, as ditas obras deberán quedar totalmente finalizadas no prazo dun ano, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución.

Terceira.-Tamén lle será de aplicación o disposto nos informes da Dirección Xeral de Costas do 15-2-2002 e do 31-7-2002, nos que se establecen as condicións para o outorgamento da prórroga da concesión para a ocupación de terreos de dominio público marítimo-terrestre.

Cuarta.-A execución das obras farase segundo o disposto no artigo 5 da Orde do 27 de marzo de 2000, pola que se regula o procedemento para o outorgamento do permiso de actividade a establecementos de cultivos mariños e auxiliares na zona terrestre.

Quinta.-Unha vez finalizadas as obras, comunicaráselle á Dirección Xeral de Recursos Mariños, para que poida proceder ó seu recoñecemento final.

Sexta.-O outorgamento desta autorización non exime ó seu titular da obtención das licencias, permisos e autorizacións legamente procedentes, esixibles por outros organismos en función das características do establecemento.

Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada por Lei 4/1999, de réxime

xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2003.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos