A Orde do 31 de xullo de 1998 desta consellería (DOG nº 164, do 25 de agosto), establece o mecanismo para o recoñecemento das escolas de navegación de lecer.
Solicitándose o dito recoñecemento por un centro, logo de cumprido o procedemento establecido, procede recoñecelo e realiza-la súa inscrición.
Polo exposto,
RESOLVO:
Artigo 1º
Recoñecer como Escola de Navegación de Lecer, na categoría que corresponda, o seguinte centro:
Escola de Navegación de Lecer (ENAL).
-Servicios Turísticos, Equipamentos, Logística y Asesoramiento, S.L., co CIF: B-36853638, con enderezo social na avda. Monterreal edif. Panorama, 2 de Baiona (Pontevedra), e coa denominación comercial Estelas, inscrita co nº XGEN020.
Artigo 2º
Inscribi-la citada escola no Rexistro de Escolas de Navegación de Lecer da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro.
Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2003.
Enrique César López Veiga
Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos