Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Luns, 10 de marzo de 2003 Páx. 2.849

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto do Parque Eólico La Celaya, nos concellos de Abadín e Vilalba (Lugo), promovido pola empresa Desarrollos Eólicos, S.A.

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 30 de setembro de 2002, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de Parque Eólico La Celaya, nos concellos de Abadín e Vilalba (Lugo), promovido pola empresa Desarrollos Eólicos, S.A., que se transcribe como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

Declaración de impacto ambiental

Examinada a documentación que constitúe o expediente, entre a que se atopa a presentada pola empresa promotora:

* Parque Eólico de La Celaya. Proxecto. Febreiro de 2000.

* Estudio de impacto ambiental do Parque Eólico de La Celaya. Marzo de 2000.

* Documentación adicional ó E.I.A. do Parque Eólico La Celaya localizado en Abadín e Vilalba (Lugo).

* Anexo á memoria do estudio de impacto arqueolóxico do Parque Eólico La Celaya. Xuño de 2000.

* Estudio dos posibles efectos sinérxicos producidos polo Parque Eólico de La Celaya en conxunto cos parques eólicos de Monseivane, Penas da Mosa, Labrada e Fiouco, municipios de Abadín e Vilalba (Lugo).

A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve establecer pola presente DIA, sen prexuízo do disposto no artigo 6.4º do Real decreto 1997/1995, do 7 de decembro, polo que se establecen medidas para contribuír a garanti-la biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres, as seguintes condicións, ademais das incluídas no estudio ambiental e restante documentación avaliada, de xeito que se asegure a minoración dos posibles impactos ambientais negativos, co fin de que a realización do proxecto poida considerarse ambientalmente viable.

No caso de que exista contradicción entre o indicado na documentación presentada polo promotor

e o establecido na presente ceclaración, prevalecerá o disposto nesta última.

1. Ámbito da declaración.

A presente declaración refírese en exclusiva ó proxecto denominado Parque Eólico de La Celaya, que consiste na instalación e explotación dun parque eólico de 28,2 MW de potencia total nos concellos de Abadín e Vilalba (Lugo), constituído por 47 aeroxeradores modelo A-643 de 600 kW de potencia unitaria, localizados dentro do polígono definido polas seguintes coordenadas UTM:

Vértice XVértice Y

621.000,004.803.500,00

620.456,804.803.500,00

620.567,004.803.864,00

619.813,504.805.285,90

618.296,544.805.207,96

616.506,054.805.583,98

615.899,754.805.157,05

615.142,104.806.418,61

615.616,864.806.768,72

618.592,004.806.811,00

618.755,004.807.247,00

618.980,704.807.500,00

621.000,004.807.500,00

619.736,604.805.430,90

619.619,004.805.653,00

619.514,004.806.394,00

619.050,304.807.276,00

618.478,804.805.661,50

618.131,434.805.857,67

618.080,484.805.717,73

618.436,004.805.391,00

Tendo en conta os condicionantes establecidos no punto 6.3 desta DIA en relación ós aeroxeradores M-40 ó M-47 e as súas infraestructuras asociadas, a disposición definitiva desta zona do parque, tanto no relativo á localización e coordenadas UTM dos aeroxeradores como ó trazado de viais e gabias do cableado establecerase, se é o caso, unha vez que sexa recibida, avaliada e informada favorablemente a documentación requirida no punto 11.2 da DIA.

Así mesmo, de acordo co indicado no punto 7 da DIA, deberá afectuarse o desprazamento dos aeroxeradores M-11 e M-12, así como o vial que os comunica, nas condicións sinaladas no citado punto. A localización e coordenadas UTM destes aeroxeradores, así como o trazado do seu vial de acceso estableceranse, se é o caso, unha vez que sexa recibida, avaliada e informada favorablemente a documentación solicitada no punto 11.1.

Respecto das restantes infraestructuras e instalacións previstas no parque, dado que a súa localización podería variar á vista da documentación requirida no punto 11.3, a localización proxectada ten carácter provisional, establecéndose con carácter definitivo, se é o caso, unha vez que sexa recibida, avaliada e informada favorablemente a documentación requirida no antedito punto da DIA.

A localización dos aeroxeradores e infraestructura asociada ó parque eólico será a que se recolle no plano Planta Xeral do parque eólico. Plano nº 2, do estudio de impacto ambiental, agás para o que se derive do cumprimento do indicado nos parágrafos anteriores.

As coordenadas UTM dos 37 aeroxeradores con posicións definidas, con carácter provisional tendo en conta o antedito, son as seguintes:

AeroxeradorUTM XUTM Y

M-1619.235,14.807.427,6

M-2619.368,44.807.373,9

M-3619.520,74.807.279,4

M-4619.598,24.807.217,1

M-5619.680,74.807.136,6

M-6620.063,74.806.999,5

M-7619.762,44.807.062,9

M-8620.120,24.806.929,0

M-9620.207,34.806.798,5

M-10620.452,04.806.807,5

M-13620.020,94.806.302,5

M-14620.119,24.806.266,0

M-15620.201,24.806.198,0

M-16620.278,44.806.164,0

M-17620.365,64.806.114,0

M-18620.452,24.806.064,0

M-19620.573,44.806.032,5

M-20620.742,84.806.048,0

M-21620.822,44.805.975,5

M-22620.927,04.805.941,5

M-23620.060,74.805.887,0

M-24620.114,34.805.782,0

M-25620.167,94.805.676,5

M-26620.221,54.805.571,5

M-27620.277,44.805.488,5

M-28620.333,34.805.406,0

M-29620.385,94.805.320,5

M-30620.443,24.805.238,5

M-31620.506,44.805.154,5

M-32620.578,04.805.077,5

M-33620.649,64.805.001,0

M-34620.713,94.804.905,5

M-35620.772,64.804.767,5

M-36620.823,44.804.511,0

M-37620.919,94.804.485,0

M-38620.932,14.803.740,7

M-39620.827,64.803.780,7

2. Protección da atmosfera.

2.1. Sobre a emisión de po.

Durante a fase de obras procederase, nos períodos de seca, á humectación continua dos viais e das zonas onde se estean a realizar movementos de terras, co fin de evita-lo levantamento excesivo de po. Así mesmo, os camións de transporte de terras ou materiais que poidan xerar po deberán ir cubertos con lonas ou similar.

2.2. Sobre a contaminación acústica.

Os niveis de presión sonora no parque e nas vivendas máis próximas non poderán supera-los valores límite de recepción para ruído ambiente exterior establecidos no artigo 8 do anexo da Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica, así como, se é o caso, o establecido nas ordenanzas municipais ó respecto.

A tal fin, realizarase un seguimento do nivel de ruído durante as fases de construcción e funcionamento do parque, de acordo coa proposta de plan de control do nivel de ruído incluída no estudio ambiental, que debe ser completada conforme o requirido no punto 11.5 da DIA.

3. Protección das autas e leitos fluviais.

Calquera actuación ou afección nas zonas de servidume e policía dos cursos de auga, así como calquera captación ou vertedura, precisará da autorización da Confederación Hidrográfica do Norte.

As drenaxes dos viais distribuiranse de xeito que non se modifique o actual réxime hídrico da zona, nin as súas condicións de hidromorfía. A tal fin, deberase presentar un estudio da localización de tódolos dispositivos de drenaxe necesarios (tanto transversais como lonxitudinais), que incluirá así mesmo un plan de control do seu funcionamento e das condicións de incorporación das augas á rede natural de drenaxe, de acordo co requirido no punto 11.7 da presente DIA.

Realizarase un exhaustivo control do correcto funcionamento dos dispositivos de drenaxe e das condicións de incorporación das augas á rede natural, co fin de comprobar que non se producen alteracións no réxime hídrico preexistente e verifica-la eficacia das medidas correctoras adoptadas, tanto as indicadas no estudio ambiental como as derivadas desta declaración.

A achega das augas das drenaxes á rede hidrográfica farase gradualmente, instalando sistemas protectores e/ou de disipación de enerxía á súa saída, co fin de evitar erosións, deposición de sólidos ou asolagamentos na traxectoria de incorporación das augas ós cursos naturais. O plan de vixilancia incluirá o control da aparición destes fenómenos.

Extremaranse as precaucións na execución das obras nas zonas de afección á rede hidrolóxica, tanto

directas como indirectas, adoptando tódalas medidas protectoras e correctoras necesarias e contando durante a súa realización coa supervisión directa do técnico de seguimento ambiental do proxecto.

A medida que avanza a obra procederase á estabilización e revexetación dos noiros de desmonte e terraplén resultantes da execución dos viais, así como das plataformas de montaxe e cunetas, co obxecto de previr fenómenos erosivos e incorporación de sólidos ás augas. Nas zonas de maior pendente empregaranse mallas antiescorrega e calquera outra medida necesaria para evita-lo arrastre de materiais ladeira abaixo.

Non se acumularán terras, entullo, material de obra nin calquera outro tipo de materiais ou substancias nas zonas de servidume e policía dos cursos fluviais e áreas hidromorfas, nin interferindo na rede natural de drenaxe, para evita-la súa incorporación ás augas no caso de chuvias ou escorrega superficial. Non está permitido o lavado de maquinaria e materiais nos cursos de auga.

Non estando previsto no estudio ambiental presentado a reserva dunha zona para a fabricación de formigón, este necesariamente será provisto desde planta ou plantas localizadas fóra da obra, e que conten coas debidas autorizacións.

Co fin de controlar que a calidade das augas non resulta afectada, tanto na fase de obras como na de funcionamento levarase a cabo un plan de control, polo que se deberá desenvolver detalladamente o plan proposto nos puntos 8.2.5 e 8.3.4 do estudio ambiental, segundo o requirido no punto 11.6 da presente DIA.

4. Protección do solo.

Realizarase un control topográfico preciso dos límites das zonas de obra e da localización de tódalas infraestructuras e instalacións proxectadas, que se axustará ó establecido nesta declaración, estando prohibido ocupar terreos fóra dos previstos.

Procederase á delimitación das distintas zonas de obra mediante o seu balizamento, que deberá manterse en perfecto estado durante o transcurso das obras, sendo retirado cando estas finalicen.

Para calquera modificación que fose necesario introducir no proxecto, independentemente da súa causa, rexerá o indicado no punto 13.4 da presente declaración.

As infraestructuras asociadas á construcción do parque eólico executaranse de acordo coas especificacións técnicas e dimensións sinaladas no proxecto, non permitíndose o seu sobredimensionamento.

A circulación de vehículos e maquinaria de obra no parque restrinxirase ós viais e zonas acondicionadas para o efecto.

Na realización das voaduras disporanse os medios materiais necesarios (redes, mallas, lonas...) que

impidan a proxección de fragmentos de rocha ó contorno. En calquera caso, se estes se producisen, deberán ser retirados da zona e depositados en sitio autorizado.

Nos movementos de terras equilibrarase ó máximo o volume de desmonte co de terraplén, tendo en conta que se trala finalización das obras existise material sobrante das escavacións, será retirado e depositado en sitio autorizado por órgano competente. Así mesmo, no caso de precisar materiais de préstamo, deberá acreditarse previamente a súa procedencia, indicando a localización, extensión, volume e condicións de restauración do préstamo que se vai efectuar.

Para a localización das instalacións de obra seleccionarase un sitio de baixo valor ambiental, escasa pendente e afastado de calquera curso de auga, zona hidromorfa ou área de protección arqueolóxica, reflectindo a localización prevista no plano requirido no punto 11.4 desta DIA.

No caso de deterioración de camiños ou calquera outra infraestructura ou instalación preexistente debido ós labores de construcción do parque, deberá restituírse a súa calidade ós niveis previos ó inicio das obras.

A realización do proxecto deberá respecta-la Lei 4/1994, de estradas de Galicia, no que se refire ó uso e defensa destas. As obras, edificacións, cerramentos e accesos que afecten ós terreos comprendidos na área de influencia das estradas requirirán, en todo caso, expresa autorización do órgano competente da Administración titular da estrada.

5. Xestión de residuos.

Tódolos residuos que se xeren como consecuencia da instalación, explotación e desmantelamento do parque eólico deberán ser xestionados en función da súa natureza e conforme a lexislación vixente, primando a reciclaxe ou reutilización fronte á vertedura.

Os residuos almacenaranse en contedores ata a súa entrega a xestor autorizado, atendendo ós criterios de almacenamento establecidos na lexislación vixente e sinalizando claramente a súa presencia.

Os labores de limpeza, mantemento e reparación da maquinaria durante a fase de construcción realizaranse en talleres autorizados, eliminando así o risco de derrames accidentais de substancias contaminantes. Cando isto non sexa posible polas características da maquinaria (mobilidade restrinxida), estas tarefas realizaranse na zona destinada a instalacións de obra, protexendo o solo con materiais impermeables e dispoñendo os medios necesarios para a recollida de posibles vertidos.

Ó finaliza-las obras, e antes do inicio da fase de explotación, deberán terse retirado e xestionado a totalidade dos residuos de obra.

En tanto non se produzan as sucesivas entregas ó xestor autorizado, durante a fase de construcción os contedores localizaranse na zona de instalacións de obra, e durante a fase de explotación disporanse no edificio de control do parque.

6. Protección da fauna, vexetación e hábitats naturais.

6.1. Sobre a fauna.

Respecto á avifauna, realizaranse comprobacións periódicas que permitan determina-la existencia ou non de afeccións sobre os seus efectivos poboacionais e detectar posibles cambios no comportamento e usos do hábitat producidos pola instalación e/ou presencia dos aeroxeradores, tanto deste parque como os do seu contorno.

A tal fin, deberá efectuarse un estudio valorativo ó respecto, e deseñarase o conseguinte plan de vixilancia de avifauna, que se desenvolverá ó longo de toda a vida útil do parque, de acordo co requirido no punto 11.8 da DIA.

Así mesmo, efectuarase unha valoración conxunta dos resultados dos plans de seguimento de avifauna dos parques previstos no documento estudio de los posibles efectos sinérxicos producidos polo Parque Eólico de La Celaya en conxunto cos parques eólicos de Monseivane, Penas da Mosa, Labrada e Fiouco, municipios de Abadín e Vilalba (Lugo).

6.2. Sobre a vexetación.

A eliminación da vexetación nas diferentes zonas afectadas polas obras reducirase ó estrictamente necesario, efectuándose mediante sistemas de roza.

Previamente á corta de arborado realizarase a correspondente comunicación de corta ou solicitude de autorización, segundo o caso, conforme o disposto no Regulamento de montes.

Para calquera aproveitamento, utilización ou modificación da vexetación de ribeira rexerá o disposto na Resolución do 27 de maio de 2002, da Consellería de Medio Ambiente, relativa á tramitación e resolución dos expedientes de autorización para sementeiras, plantacións e corta de árbores en terreos de dominio público hidráulico, e para o aproveitamento e utilización da vexetación arbórea ou arbustiva das ribeiras dos ríos.

Será preciso xestiona-la biomasa vexetal eliminada, primando a súa valorización, tendo en conta que non se pode proceder á queima destes restos. No caso de que sexa depositada sobre o terreo, deberase proceder á súa trituración e espallado homoxéneo, para permitir unha rápida incorporación ó solo.

6.3. Sobre os hábitats naturais.

Prestarase especial atención en non compromete-la persistencia dos hábitats naturais prioritarios e de interese comunitario presentes no polígono do parque, asegurando o seu mantemento ou restable

cemento nun estado de conservación favorable, tal como se establece na Directiva 92/43/CEE, relativa á conservación dos hábitats naturais e da flora e fauna silvestres.

Con este obxectivo, para os oito aeroxeradores (M-40 ó M-47) e demais infraestructuras previstas dentro do espacio natural, serán de aplicación as seguintes condicións:

1. Os aeroxeradores M-42 e M-47, xunto coas súas infraestructuras asociadas, deberán desprazarse fóra das formacións de turbeira existentes na zona de implantación prevista, e tendo en conta o cumprimento da premisa exposta no parágrafo anterior para a selección das novas localizacións.

A tal fin, deberá presentarse unha proposta de localización alternativa dos citados aeroxeradores e infraestructuras asociadas, en zonas nas que se garanta a preservación dos hábitats naturais existentes.

2. Os aeroxeradores M-40, M-43 e M-44 e as súas infraestructuras asociadas, deberán distribuírse, en todo caso, sobre as áreas máis degradadas das formacións de breixeiras húmidas atlánticas meridionais con Erica ciliaris e Erica tetralix sobre as que está prevista a súa instalación, de xeito que non se comprometa o seu mantemento ou restablecemento nun estado de conservación favorable.

Para tal fin, presentarase un estudio valorativo do estado de conservación actual destas breixeiras nos puntos onde está prevista a implantación das infraestructuras e instalacións anteriormente citadas.

3. Á vista dos condicionantes anteriores, estudiarase a posibilidade de substituí-los aeroxeradores de 600 kW por outros de maior potencia, reducindo o número de aeroxeradores que se van instalar, coa conseguinte diminución da afección ó espacio natural.

4. As gabias do cableado deberán axustarse o máximo posible ó trazado dos viais existentes ou a acondicionar. Para aqueles viais de nova construcción, estudiarase a posibilidade de que as gabias discorran polo interior do propio vial, baixo o seu firme, presentando a solución constructiva proposta para o cumprimento desta premisa.

Terase en conta que as gabias non deberán levar como recheo materiais que xeren efecto presa, como o formigón. No caso de resultar imprescindible, disporanse ocos drenantes.

5. As plataformas de montaxe terán as mínimas dimensións tecnicamente viables, debéndose describir adecuadamente o deseño adoptado. Sempre que sexa posible, empregarase o propio vial para efectua-la montaxe dos aeroxeradores.

En relación cos anteditos condicionantes, presentarase a documentación requirida no punto 11.2 da DIA.

En ningún caso poderán realizarse incisións nas áreas con formacións turberiformes e áreas hidromorfas, evitando a modificación das súas condicións de hidromorfía.

A dirección de obra deberá dispoñer de planos detallados da distribución dos hábitats de interese comunitario e áreas a preservar, e será asesorada en todo momento das condicións para a súa protección. Así mesmo, estas zonas deberán ser balizadas previamente ó inicio das obras para evitar posibles afeccións.

En calquera caso, durante as fases de replanteo, apertura ou acondicionamento de viais, execución de cimentacións, explanacións e gabias do cableado, realizarase un seguimento continuo en campo por parte do equipo de seguimento ambiental do proxecto, co obxecto de verificar que non se producen impactos imprevistos e que se adoptan as medidas protectoras e correctoras necesarias para a súa preservación, tanto as indicadas no estudio ambiental como as establecidas nesta declaración.

No caso de que se detectase algún impacto non previsto na documentación presentada polo promotor ou na presente declaración, tomaranse as medidas oportunas para paraliza-la actuación, poñendo en coñecemento desta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental a incidencia detectada, quen a avaliará e informará sobre a conveniencia ou non de continua-la actuación nesas circunstancias.

7. Protección do patrimonio cultural.

Cara a evitar posibles afeccións, establécese, para esta obra, unha área de exclusión no contorno dos bens do patrimonio cultural, cun raio de 100 m medidos desde o límite exterior do ben inventariado.

A realización de calquera tipo de obra nas referidas áreas precisará do informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Así mesmo, evitarase o tránsito de maquinaria nestas áreas.

Deberá realizarse un control e seguimento arqueolóxico durante as fases de replanteo, execución de obra e restitución dos terreos en todo o ámbito do parque, polo que, previamente ó inicio das obras, elaborarase un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Como anexo ó proxecto arqueolóxico deberase recoller, na cartografía empregada polo persoal da obra durante o seu transcurso, un plano no que figuren as áreas de risco arqueolóxico, coa localización dos elementos do patrimonio cultural xunto coas súas áreas de exclusión e cautela (aquelas obxecto do

control e seguimento arqueolóxico). O dito plano incorporará os textos necesarios para a súa comprensión.

Co fin de evita-los impactos severos sobre os depósitos arqueolóxicos Abrigo de Pena da Cruz, Túmulo Chao da Fonce e Petroglifos 1 e 2 de Chao da Fonce, os aeroxeradores M-11 e M-12, así como o vial que os comunica, deberán ser desprazados fóra do ámbito de exclusión de 100 m dos citados depósitos.

No caso do depósito Arnela III, observaranse medidas cautelares de carácter xeral, de acordo co indicado no anexo á memoria del estudio do impacto arqueolóxico do Parque Eólico La Celaya. Xuño de 2000.

Así mesmo, dado que na zona que abrangue o parque localízase tamén o Parque Eólico de Monseibane, rexerá o establecido para o dito parque no informe da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural de data 17 de marzo de 1998.

Con base nos resultados das actuacións arqueolóxicas en cada unha destas fases, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como organismo competente na materia, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección. Na fase de replanteo revisaranse os impactos e valorarase a aplicación das correspondentes medidas correctoras.

Os traballos arqueolóxicos terán que ser levados a cabo por técnicos arqueólogos competentes, de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia.

8. Sobre a poisaxe.

Empregaranse cores pouco rechamantes e tons mate no acabado dos aeroxeradores e as liñas eléctricas previstas no interior do parque, tanto en baixa como en media tensión, así como as de telemando, comunicacións, etcétera, estarán soterradas en gabias, tal como se indica no estudio ambiental.

Os afloramentos rochosos con interese xeomorfolóxico ou paisaxístico existentes na zona deberán ser preservados de calquera dano.

Para tal efecto, presentarase un estudio valorativo da posible incidencia de tódalas infraestructuras e instalacións sobre este tipo de formacións, de acordo co requirido no punto 11.3 desta DIA.

O desenvolvemento do plan de restauración e revexetación, conforme avanza a obra, deberá garanti-la integración paisaxística das restantes infraestructuras do parque eólico.

9. Outras medidas.

Co fin de evitar posibles colisións de aeronaves cos aeroxeradores, deberanse instalar, se é o caso, sinalizacións conforme a normativa OACI (Organización de Aviación Civil Internacional), que indiquen a presencia dos aeroxeradores.

10. Restauración.

Tódalas superficies afectadas ou deterioradas pola execución das obras (marxes dos viais, cunetas, contorno das obras de drenaxe, gabias do cableado, plataformas de montaxe, zonas de amoreamento de materiais...) deberán ser restauradas e revexetadas, restituíndo a vexetación autóctona presente na zona e favorecendo a recuperación do solo e a reinstalación da vexetación orixinal. Así mesmo, garantirase o seu mantemento ó longo do tempo.

Para tal fin, levarase a cabo o plan de restauración incluído no estudio ambiental, realizando un seguimento da súa efectividade, debendo presentarse un plan vixilancia da restauración, de acordo co requirido no punto 11.9 da DIA. Incrementarase a intensidade deste seguimento no caso de que se detecten dificultades para o desenvolvemento da vexetación.

Os labores de restauración e revexetación realizaranse conforme avanza a obra, segundo as distintas superficies que se van restaurar acadan o seu estado definitivo, co fin de controla-los fenómenos erosivos, arrastres de materiais e lograr unha meirande integración paisaxística das zonas alteradas desde un principio. A este respecto, presentarase un calendario dos labores de restauración que prevexa o antedito.

En función da súa natureza e características, a capa edáfica ou horizonte vexetal do solo será retirada previamente á ocupación do terreo, amoreada sen mesturala con outros horizontes e mantida nas condicións sinaladas no plan de restauración.

Previamente á revexetación efectuarase o acondicionamento do terreo, procedendo á súa descompactación e laboreo superficial, retirando o exceso de pedregosidade e estendendo a terra vexetal previamente amoreada. Minimizarase o estendido de terra vexetal, restrinxíndoo ás zonas alteradas que vaian ser restauradas.

Ó finaliza-las obras, retiraranse as casetas de obra e calquera outra estructura relacionada, procedendo á recuperación da zona afectada.

Así mesmo, o plan de restauración presentado debe ser completado, incluíndo a valoración económica de tódalas actuacións previstas na fase de desmantelamento e abandono do parque, unha vez rematada a vida útil da instalación, que inclúa a restauración dos viais creados para uso exclusivo do parque, de acordo co requirido no punto 11.9 desta DIA.

11. Documentación adicional.

Previamente ó inicio das obras, o promotor presentará perante o órgano substantivo, quen dará traslado a esta dirección xeral para a súa valoración e, se procede, imposición de medidas protectoras e/ou correctoras adicionais que se deriven, catro (4) exemplares da seguinte documentación:

11.1. Proposta de desprazamento dos aeroxeradores M-11 e M-12 e o vial que os comunica, conforme

o sinalado no punto 7 da DIA, indicando as coordenadas UTM das novas localizacións. A proposta reflictirase nun plano de detalle, relativizándoa coa situación inicial, os elementos do patrimonio cultural, vexetación e hábitats presentes na zona.

11.2. Documento técnico no que se detallen as propostas para o cumprimento dos condicionantes establecidos nos puntos 6.3.1 a 6.3.5 da DIA, en relación ós aeroxeradores da zona de Monseibán (M-40 ó M-47) e as súas infraestructuras asociadas.

Na elaboración das propostas, ademais de ter en conta a presencia de elementos do patrimonio cultural, prestarase especial atención ós hábitats naturais prioritarios e de interese comunitario existentes na zona, facendo unha descrición escrita e gráfica seguindo os criterios emanados da Directiva Hábitats 92/43/CEE, que será o máis exhaustiva posible, de xeito que queden perfectamente delimitados e descritos a estructura e composición dos ecosistemas, hábitats e asociacións vexetais, así como o seu estado de conservación, sen discriminación por razón de vulgaridade, destacando os singulares, fráxiles, raros, endémicos ou vulnerables. Determinaranse as especies vexetais protexidas pola lexislación, así como outras especies relevantes (incluídas na lista vermella, endémicas, raras, ameazadas...) que puideran resultar afectadas. Este estudio será elaborado por técnico/s especializado/s na materia e deberá vir asinado polo/s autor/es, constando a súa titulación e acreditación do

coñecemento da materia.

Para a tipificación dos hábitats de turbeira, ademais da clasificación que se desprende da Directiva Hábitats, atenderase tamén a criterios edafolóxicos, indicando a potencia da turba nas distintas zonas. Para as zonas de obra, incluiranse perfís transversais e lonxitudinais, especificaranse os movementos de terras a realizar, pendentes resultantes, cruzamentos de valgadas, regos e regatos, e medidas de drenaxe a adoptar.

Incluirase, sen prexuízo de calquera outra documentación ou planos de detalle que resulten oportunos, un plano en planta, a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM, no que se reflictan as modificacións propostas en relación á situación inicialmente prevista, relativizándoas cos hábitats naturais e os elementos do patrimonio cultural, xunto coas súas áreas de exclusión e cautela.

Acompañarase, así mesmo, dunha reportaxe fotográfica das novas localizacións, coordenadas UTM das novas localizacións e informe arqueolóxico das modificacións que se van efectuar.

11.3. Estudio valorativo da posible afección da totalidade das instalacións e infraestructuras do parque sobre os afloramentos rochosos con interese xeomorfolóxico ou paisaxístico existentes na zona, acompañado de reportaxe fotográfica detallada e proposta

de localización alternativa de aeroxeradores e desvío de viais e gabias do cableado para os casos nos que se detecte afección, de acordo co punto 8 da DIA.

Unha vez informada favorablemente por esta dirección xeral a documentación requirida nos puntos anteriores, presentaranse tres (3) exemplares de:

11.4. Plano en planta, a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM, no que se reflicta a poligonal do parque e tódalas infraestructuras e instalacións proxectadas, de acordo co que se derive do cumprimento dos puntos anteriores. Diferenciaranse, en cores ou grafía distintiva, os viais preexistentes dos de nova construcción e aqueles a acondicionar, indicando na lenda a lonxitude de cada tipo, así como a das gabias do cableado. Reflictiranse así mesmo o punto/os de acceso ó parque, os elementos do patrimonio cultural xunto coas súas áreas de exclusión e cautela e a localización prevista da zona de instalacións de obra, parque de maquinaria e provisión de materiais.

11.5. Addenda ó plan de seguimento do nivel de ruído, na que se inclúa:

* Plano de localización dos puntos de control, relativizados coas instalacións e infraestructuras do parque, a escala mínima 1:25.000, acompañado dunha táboa na que se indique a distancia dos puntos ó aeroxerador máis próximo.

* Frecuencia das medicións na fase de funcionamento. Descrición da estructura e contido dos informes de resultados. Terase en conta que as medicións deben ser efectuadas por entidade homologada e os informes de resultados deben estar asinados por técnico da entidade realizadora da medición. Así mesmo, indicarase a velocidade do vento (máxima, mínima e media) durante o período de medición.

11.6. Desenvolvemento detallado do plan de seguimento da calidade das augas proposto no estudio ambiental, segundo o indicado no punto 3 da DIA.

11.7. Estudio xustificado (considerando parámetros hidráulicos, hidrolóxicos e ambientais) da localización dos dispositivos de drenaxe previstos, tanto transversais como lonxitudinais, adaptado á disposición final do parque. Indicarase a dirección do fluxo de auga e a área drenada por cada unha das infraestructuras de drenaxe, reflectíndoas nun plano en planta a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM. Así mesmo, describiranse os sistemas protectores e de disipación de enerxía a instalar á saída das drenaxes transversais e nos puntos de vertedura das cunetas ó terreo, e proporase un plan de control do seu funcionamento e das condiciós de incorporación das augas ó medio natural.

11.8. Estudio valorativo da posible incidencia do parque eólico sobre a avifauna, conforme o indicado no punto 6.1 da DIA, que deberá ser elaborado por

técnico/s especializado/s na materia e virá asinado polo/s autor/es, constando a súa titulación e acreditación do coñecemento da materia.

Caracterizarase o nivel de risco (por colisión e efecto baleiro) asociado ás distintas categorías de aves detectadas na zona, valorando a súa vulnerabilidade en función dos datos (estacionalidade, abundancia, uso do espacio, altura do voo...) que se obteñan na campañas descritas a continuación, climatoloxía, topografía da zona e localización dos aeroxeradores.

O estudio estará fundamentado nunha caracterización cualitativa e cuantitativa da avifauna na área do parque, baseada en traballo de campo, ademais da información bibliográfica que se poida achegar ó respecto. Deberá caracterizarse a avifauna nidificante, en paso migratorio, sedentaria e invernante, describindo con detalle a metodoloxía empregada.

No referente á caracterización do paso migratorio (se é o caso) e movementos de aves na área afectada, achegarase información sobre as especies e tipoloxía do paso, nº de aves, períodos de paso, altura do voo e traxectoria e sentido dos movementos. Isto sen detrimento de calquera outra información que se poida achegar en base a revisión bibliográfica ou experiencias noutros parques de similar localización. Preveranse así mesmo metodoloxías específicas para a caracterización da comunidade de aves rapaces, tanto diurnas como nocturnas, baseadas en itinerarios e estacións de observación e escoita. Incluirá o cartografado dos itinerarios, puntos de observación e escoita, zonas de nidificación, áreas de asentamento temporal, áreas de campeo, tránsito de avifauna e focos de atracción detectados, en especial das especies de maior valor ecolóxico e máis sensibles ó parque.

Á vista dos datos obtidos, deberá desenvolverse detalladamente un plan de seguimento de avifauna, que deberá centrarse naquelas especies máis susceptibles de ser afectadas e as que teñan figuras de protección, considerando os seguintes mínimos:

* Descrición e xustificación da metodoloxía para o seguimento da incidencia do parque eólico sobre a avifauna, detallando os controis que se van efectuar e a súa frecuencia, prevendo a detección do efecto baleiro, posibles molestias, caracterización do comportamento das aves ante os aeroxeradores e detección de morte por colisión.

No referente á busca de aves accidentadas por colisión, terase en conta que en cada visita revisarase como mínimo un 30% dos aeroxeradores e que a frecuencia será como mínimo mensual, prevendo unha visita quincenal nas épocas reproductoras e de paso migratorio, en función dos resultados das campañas de caracterización, así como unha rede

finición da frecuencia das visitas en función dos resultados do seguimento, incrementándoa no caso de detectarse afeccións.

Incluirase unha valoración da posible distorsión nos resultados polo diferente esforzo de mostraxe, condicións climatolóxicas durante as mostraxes, detectabilidade e desaparición de cadáveres por necrófagos, e definiranse os factores de corrección para corrixir posibles desviacións.

* Definición cuantitativa e cualitativa dos limiares de risco por colisión (alerta e inadmisible) e aparición do efecto baleiro, que indiquen a necesidade de adopción de medidas protectoras ou correctoras específicas, xustificando o método para a súa determinación.

* Definición detallada das medidas protectoras e/ou correctoras que hai que adoptar no caso de acada-las situacións de risco indicadas no punto anterior ou ante a manifestación de efectos acumulativos e/ou sinérxicos. Preveranse, entre outras, a estipulación dun período de parada dos aeroxeradores e un incremento na frecuencia dos controis a efectuar. Describiranse así mesmo as medidas propostas para a detección de impactos puntuais imprevistos (ante condicións climatolóxicas adversas, desvío de rutas migratorias ou pasos, acumulación temporal de aves na área...), así como as medidas protectoras de aplicación inmediata ante situacións deste tipo.

* Descrición do procedemento para a valoración e detección de efectos acumulativos e/ou sinérxicos sobre a avifauna, referidos ós parques eólicos e liñas de evacuación que lles dan servicio. Proporanse así mesmo limiares de risco e medidas correctoras específicas ó respecto.

* Presentación dos resultados, detallando a periodicidade, estructura e contido dos informes, que incluirán, como mínimo, un epígrafe introductorio (indicando datas e descrición das campañas efectuadas) outro cos datos e resultados obtidos e un de valoración, discusión e conclusións finais.

11.9. Addenda ó plan de restauración presentado, conforme o indicado no punto 10 da DIA, que inclúa: calendario dos labores de restauración previsto a súa execución conforme avanza a obra; plan de vixilancia do desenvolvemento da revexetación; descrición da restauración dos viais na fase de desmantelamento e orzamento de tódalas actuacións previstas para o desmantelamento e abandono do parque; novo orzamento do plan de restauración na fase de obras, adaptado á configuración final do parque resultante das modificacións establecidas nesta DIA. Os dous orzamentos incluirán medicións debidamente xustificadas, cadro de prezos unitarios, unidades de obra con prezos descompostos, orzamentos parciais, orzamento total de execución material e orzamento total de execución por contrata.

11.10. Addenda ó programa de vixilancia ambiental, na que se desenvolva con detalle o plan de control e vixilancia ambiental proposto no estudio ambiental, tanto na fase de obras como na de funcionamento, especificando os indicadores ambientais, controis que se van realizar, a súa periodicidade e os limiares que determinarán a existencia dunha posible afección, así como os medios materiais e humanos que se empregarán no seu desenvolvemento.

Preveranse tódolos factores obxecto de seguimento ambiental que non dispoñan de plans específicos de seguimento. Incluirase unha relación completa das medidas protectoras e correctoras obxecto de seguimento, debidamente desenvolvidas, unha planificación dos labores de vixilancia, acorde co plan de obra, e o desenvolvemento do plan de control de eficacia proposto no estudio ambiental.

11.11. Identificación do responsable ambiental por parte do promotor, en cumprimento do indicado no punto 13.3 da presente DIA.

11.12. Documentación acreditativa de ter notificado a pequena producción de residuos perigosos para a fase de obras, segundo o Decreto 298/2000, do 7 de decembro, polo que se regula a autorización e notificación de productor e xestor de residuos de Galicia.

11.13. Copia da autorización do proxecto arqueolóxico para a realización do control e seguimento arqueolóxico durante a fase de obras, conforme o indicado no punto 7 da presente DIA. En ningún caso poderán iniciarse as obras sen a autorización expresa da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, respecto do indicado neste punto.

Unha vez avaliada a antedita documentación, remitiráselle ó promotor o seu resultado, non podendo proceder ó inicio das obras ata que conte co informe favorable desta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental sobre a totalidade da documentación requirida.

Unha vez informado favorablemente por esta dirección xeral o cumprimento dos puntos anteriores, o promotor comunicará a esta dirección xeral a data de inicio das obras, remitindo, como mínimo 48 horas antes do seu comezo, un cronograma de obras actualizado, que conteña tódalas actividades, incluíndo as medidas protectoras e correctoras e indicando, para cada actividade, as datas de inicio e fin e a duración prevista.

12. Programa de vixilancia e seguimento ambiental.

O obxecto deste programa é o de garantir ó longo do tempo o cumprimento das medidas protectoras e correctoras previstas no estudio ambiental e no condicionado da presente declaración, así como incorporar procedementos de autocontrol por parte do promotor. O programa debe permitir detectar,

cuantificar e corrixir diferentes alteracións que non se puidesen prever no estudio ou no condicionado da DIA, e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas.

Tendo en conta o anterior, o promotor remitirá a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a través do órgano substantivo e coa periodicidade indicada, tres (3) exemplares da seguinte documentación:

12.1. Durante a execución das obras, con carácter mensual, presentarase:

a) Cronograma de obras debidamente actualizado, con tódalas actividades, incluíndo as medidas protectoras e correctoras e indicando, para cada actividade, a porcentaxe de execución respecto ó total. No cronograma figurará a data de actualización e os sucesivos cronogramas virán numerados correlativamente.

Con carácter trimestral, presentarase un informe de obras que inclúa:

a) Resultados das medicións do nivel de ruído, en plena actividade, indicando persoal de obra e maquinaria en funcionamento durante a realización da medición. As medicións serán efectuadas por entidade homologada e os informes presentaranse asinados por técnico desa entidade. Así mesmo, deberá indicarse a velocidade do vento (máxima, mínima e media) durante o período de medición.

b) Resultados dos plans de control da calidade das augas, funcionamento dos dispositivos de drenaxe e condicións de incorporación á rede natural e seguimento de avifauna, conforme o indicado nos puntos 3 e 6.1 desta DIA.

c) Informe, acompañado de reportaxe fotográfica, onde se describa o desenvolvemento dos traballos, controis ambientais efectuados (indicando datas das visitas), resultados da aplicación das medidas protectoras e correctoras (control de eficacia), tanto as indicadas na documentación avaliada como as establecidas nesta declaración, incidencias ou imprevistos acontecidos, labores de restauración levados a cabo, xestión dos residuos de obra, protección dos hábitats naturais, etcétera. O informe reflictirá o cumprimento das condicións establecidas na declaración, en relación a tódolos aspectos incluídos ou derivados dela. Nas fotografías indicarase a data e a hora, acompañándoas dun plano de localización.

d) Plano en planta, a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM, no que se reflicta a situación real das obras e porcentaxe de execución respecto ó total, referido ós distintos elementos que conforman o proxecto: viais, aeroxeradores, plataformas de montaxe, gabias do cableado, etcétera.

12.2. Ó final das obras, comunicarase a data prevista para a posta en marcha da instalación. No prazo máximo de dous (2) meses desde o remate dos tra

ballos, presentarase un informe fin de obras, co seguinte contido mínimo:

a) Memoria onde se describa o desenvolvemento dos traballos desde a emisión do último informe de obras, controis ambientais efectuados de acordo co plan de vixilancia (indicando datas das visitas), medidas protectoras e correctoras levadas a cabo e resultado destas (control de eficacia), incidencias ou imprevistos acontecidos e solucións adoptadas, destino dos sobrantes de terras, residuos de obra e biomasa vexetal e descrición detallada do estado final da área afectada, en relación a tódolos aspectos incluídos no estudio ambiental e no condicionado desta declaración.

b) Reportaxe fotográfica que amose con detalle os aspectos máis salientables da actuación: zonas nas que se implantaron os aeroxeradores, estado dos viais, drenaxes e cunetas, gabias do cableado, estado de limpeza da área, en especial da zona destinada a instalacións de obra, así como das zonas onde se efectuaron medidas protectoras e correctoras. Nas fotografías indicarase a data e a hora, acompañándoas dun plano de localización.

c) Documentación acreditativa da entrega a xestor autorizado dos residuos xerados.

d) Documentación acreditativa de ter notificado a pequena producción de residuos perigosos para a fase de explotación, segundo o Decreto 298/2000, do 7 de decembro, polo que se regula a autorización e notificación de productor e xestor de residuos de Galicia.

e) Plano en planta, a escala 1:5.000 ou maior detalle e dotado de coordenadas UTM, no que se reflicta a situación real de tódalas instalacións e infraestructuras do parque, correspondente a un levantamento topográfico da obra realizada, indicando así mesmo as zonas onde se realizaron medidas protectoras e/ou correctoras de carácter ambiental.

12.3. Seguimento ambiental semestral, a contar desde o inicio da explotación, durante os dous primeiros anos desta. Este informe incluirá, como mínimo, os seguintes contidos:

a) Resultados das medicións do nivel de ruído na fase de funcionamento do parque, indicando o número de aeroxeradores en marcha durante a medición e a duración desta. Os resultados da primeira medición realizada serán remitidos no momento no que sexan obtidos. Así mesmo, deberá indicarse a velocidade do vento (máxima, mínima e media) durante o período de medición.

b) Resultados do control do funcionamento dos dispositivos de drenaxe, mantemento do réxime hídrico, calidade das augas e condicións de incorporación das augas á rede natural de drenaxe, de acordo co indicado no punto 3 da DIA.

c) Resultados do plan de seguimento de avifauna, conforme o indicado no punto 6.1 desta DIA.

d) Informe, acompañado de reportaxe fotográfica detallada, no que se describan os resultados da aplicación do plan de restauración, indicando os avances e incidencias no proceso de rexeneración da cuberta vexetal, estado dos viais, noiros, drenaxes, cunetas, gabias do cableado e aquelas zonas nas que se aplicasen medidas de protección contra a erosión. Detalle dos controis ambientais efectuados (indicando datas das visitas) para verifica-la eficacia e evolución das medidas protectoras e correctoras adoptadas, avaliando o seu resultado. Descrición das posibles incidencias en relación a tódolos aspectos incluídos ou derivados da DIA. Nas fotografías indicarase a data e a hora, acompañándoas dun plano de localización.

12.4. Seguimento ambiental anual: presentarase a partir do segundo ano de explotación e terá, salvo indicación en contra por parte desta dirección xeral, os contidos do informe requirido no punto anterior.

12.5. Seguimento dos posibles efectos acumulativos e/ou sinérxicos: xunto cos informes de seguimento ambiental, acompañarase un anexo cos resultados do seguimento dos posibles efectos acumulativos e/ou sinérxicos deste parque cos do seu contorno, e a súa valoración para cada un dos factores estudiados, conforme o documento estudio dos posibles efectos sinérxicos producidos polo Parque Eólico de La Celaya en conxunto cos parques eólicos de Monseivane, Penas da Mosa, Labrada e Fiouco, municipios de Abadín e Vilalba (Lugo), prestando especial atención á avifauna e hábitats protexidos e indicando as medidas protectoras e/ou correctoras adoptadas no caso de producirse a aparición deste tipo de efectos.

12.6. Informe previo ó abandono: no prazo de seis (6) meses previos á finalización da explotación do parque, remitirase o cronograma previsto das actuacións de desmantelamento e abandono da instalación. Se é o caso, xuntarase un informe indicando as posibles variacións respecto do previsto na addenda que hai que presentar de acordo co punto 11.9 desta DIA, xunto coa súa xustificación.

12.7. Informe posterior ó abandono: no prazo de dous (2) meses contados desde a fin das accións para o desmantelamento e abandono da instalación, remitirase un informe que conteña a descrición detallada das actuacións levadas a cabo, con especial mención á xestión aplicada ós residuos procedentes do desmantelamento e á restauración das superficies afectadas. Acompañarase de reportaxe fotográfica que reflicta o estado final da área, unha vez rematados os labores de abandono e realizada a oportuna revexetación.

No caso de que se detecten durante o seguimento ambiental que hai que efectuar, en calquera das súas fases, impactos imprevistos ou alteracións que

superen os limiares establecidos nesta declaración ou na lexislación aplicable, comunicarase inmediatamente a esta dirección xeral, propoñéndose as medidas correctoras precisas para corrixilas.

13. Condicións adicionais.

13.1. Para efectos de seguimento da presente declaración, o órgano substantivo comunicará a este órgano ambiental a data de notificación da DIA ó promotor.

13.2. As condicións sinaladas nesta declaración de impacto ambiental (DIA) son de obrigado cumprimento para a empresa promotora. Nembargantes, o promotor poderá solicitar ó órgano ambiental a revisión das medidas indicadas, co obxecto de modificalas ou cambialas por outras, naqueles supostos que tecnoloxicamente presentasen graves dificultades para a súa implantación, ou implicasen modificacións importantes na actividade, sempre e cando as novas medidas propostas permitan acada-los obxectivos e fins que se indican na presente declaración.

Nesta circunstancia, o promotor realizará a solicitude á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a través do órgano substantivo, achegando documentación técnica que xustifique as novas medidas propostas. Esta solicitude remitirase no prazo máximo dun (1) mes despois de serlle notificada a presente DIA polo órgano substantivo. Unha vez recibida a solicitude e documentación mencionadas, o órgano ambiental procederá a súa avaliación, comunicando o acordo adoptado ó promotor, quen non poderá comeza-las obras antes de contar cunha comunicación desta dirección xeral para o efecto.

13.3. Co obxecto de acada-la máxima coordinación e eficacia no cumprimento da presente declaración, o promotor deberá designar un responsable do control deste, notificando o seu nomeamento ó órgano substantivo, quen o comunicará ó órgano ambiental.

13.4. Calquera cambio que se pretenda introducir respecto da documentación avaliada deberá elaborarse tendo en conta a variable ambiental e será notificado previamente, a través do órgano substantivo, a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, quen o avaliará e decidirá sobre a súa aceptación, comunicando así mesmo se procede ou non a modificación da declaración ou a iniciación dun novo trámite de avaliación ambiental.

13.5. Previamente ó inicio das obras, o promotor deberá depositar un aval para garanti-lo cumprimento das medidas correctoras e responder da reparación dos posibles danos que se lle poidan causar ó ambiente e do custo de restauración, de acordo co disposto no Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental.

Proponse como importe provisional do aval, que deberá fixa-lo órgano substantivo, o 4% do inves

timento previsto, ascendendo á cantidade dun millón cento oito mil setecentos oitenta e cinco con vintetrés (1.108.785,23) euros. O importe definitivo do aval proporase cando o promotor presente o orzamento completo do plan de restauración, tendo en conta o requirido no punto 11.9 da presente DIA.

13.6. O órgano ambiental, por iniciativa propia ou por proposta do órgano substantivo, poderá establecer, en calquera intre e só para os efectos ambientais, condicionados adicionais á presente declaración, en función dos resultados que se obteñan tanto no desenvolvemento das obras como da explotación, ou ante a manifestación de calquera tipo de impacto non previsto actualmente.

13.7. Se unha vez emitida esta declaración se manifestase algún outro tipo de impacto, severo ou crítico sobre o ambiente, o órgano substantivo, por propia iniciativa ou por solicitude da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, poderá suspender cautelarmente a actividade ata determina-las causas que xeran os mencionados impactos, e ata que estes sexan corrixidos.

13.8. O incumprimento total ou parcial, por parte da empresa promotora, das condicións impostas nesta DIA, poderá ser causa suficiente para proceder á solicitude de peche cautelar e adopta-las medidas oportunas en cumprimento da lexislación vixente.

13.9. A presente resolución, adoptada por esta dirección xeral, non exime o promotor de solicitar tódolos permisos necesarios ós organismos competentes, para levar a cabo a actividade ou modificacións desta, incluído, se é o caso, o Plan Xeral de Ordenación Urbana ou normas subsidiarias.

13.10. O proxecto de referencia estará ó abeiro do disposto na Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

13.11. O promotor queda obrigado a cumprir tódalas disposicións que se dicten con posterioridade, en relación con este tipo de actividades.

13.12. Como queira que a publicación da DIA no Diario Oficial de Galicia é preceptiva segundo o disposto no artigo 5.7º Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, non poderán iniciarse os traballos ata que sexa realizado este trámite.

ANEXO I

RESUMO DO PROXECTO

O proxecto denominado Parque Eólico de La Celaya. Febreiro de 2000, promovido pola empresa Desarrollos Eólicos, S.A., consiste na instalación e explotación dun parque eólico composto por 47 aeroxeradores e a súa infraestructura asociada, nos concellos de Abadín e Vilalba (Lugo).

Os aeroxeradores distribuiranse en varias aliñacións, no interior do polígono definido polas coordenadas UTM que se indican no punto 1 desta declaración.

As características básicas do proxecto presentado son as seguintes:

* Número de aeroxeradores: 47.

* Modelo: A-643.

* Potencia unitaria por aeroxerador: 600 kW.

* Potencia total instalada: 28,2 MW.

* Altura das torres: 47 m.

* Diámetro do rotor: 43 m.

* Producción neta anual prevista: 76.140 MWh/ano.

* Inversión prevista: 27.719.630,89 A.

A obra civil inclúe a execución duns 10.093 m de viais de acceso e servicio ós aeroxeradores, cunha anchura de rodadura de 4 m e dotados de cunetas e drenaxes para a recollida e evacuación de pluviais. Prevese a execución de 16.515 m de gabias de conducción do cableado, cunha anchura mínima de 50 cm. A evacuación da electricidade realizarase a través da subestación transformadora 20/132 kV do Parque Eólico Monseibán, que pertence á mesma empresa promotora.

MEDIDAS PREVENTIVAS E CORRECTORAS

Protección da atmosfera.

* Rega das superficies cando as obras coincidan co período de estiaxe.

* Plan de mantemento da maquinaria para reduci-las emisións.

* Realización dun control das emisións de ruído.

Protección do solo.

* As obras axustaranse ó especificado no proxecto.

* Empregaranse, na medida do posible, os viais existentes na zona.

* Reposición de viais se resultan deteriorados.

* Retirada coidadosa e mantemento da terra vexetal retirada para que no perda as súas cualidades.

* Descompactado de terreos previamente ó estendido de terra vexetal.

* Tódolos terreos afectados polas obras serán restaurados.

* Os sobrantes de terras levaranse a vertedoiro autorizado, non creándose vertedoiros incontrolados.

* Os materiais de préstamo terán a súa procedencia acreditada.

* O mantemento e reparación de maquinaria realizarase en talleres adicados para tal fin.

* Preveranse vertedoiros para tódolos residuos de obra ou da actividade, para as distintas categorías de residuos xerados.

* O formigón trasladarase en formigoneiras desde as plantas de fabricación, evitando instalacións provisionais no parque.

Protección da fauna e vexetación.

* Reposición de pasos e cercas para o gando.

* Reduci-las voaduras ó mínimo, sobre todo no período de reproducción das aves.

* No caso de detectarse cadáveres, retíranse para evita-la atracción de especies preeiras.

* Realización dun seguimento da incidencia do parque sobre a avifauna.

* As obras axustaranse ó especificado no proxecto, procurando que a afección á vexetación sexa a mínima posible.

* Reposición da vexetación unha vez finalizadas as obras, axustándose ó plan de revexetación do estudio ambiental.

* Rega para evita-la deposición de po na vexetación.

* Descompactado do terreo.

Protección da rede hidrolóxica.

* Vixilaranse os arrastres de materiais e construiranse gabias a pé de terraplén para recoller escorregas.

* Revexetación das zonas alteradas.

* O mantemento e reparación de maquinaria realizarase en talleres adicados para tal fin.

* As augas residuais dos servicios hixiénicos levaranse a rede de saneamento municipal ou fosa séptica.

* Non se modificará a rede hidrolóxica da zona sen autorización do organismo de conca.

* Os cruzamentos de gabias do cableado cos regatos faranse cun deseño especial.

* Respectaranse as charcas e zonas asolagadas, non modificando as súas condicións hidrolóxicas.

* Colocación de drenaxes nos cruzamentos de regatos, e ó longo dos viais e zonas de desmonte.

* Os residuos en fase de funcionamento recolleranse en contedores axeitados para tal fin.

Sobre a paisaxe.

* Deseño e acabado de edificacións con criterios de integración cromática e constructiva co medio. Pantalla arbórea. Revexetación.

ANEXO II

RESUMO DOS INFORMES

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural emite informe no que indica:

1. De cara a evitar posibles afeccións, establecerase, para esta obra, unha área de exclusión no

contorno dos bens do patrimonio cultural, cun raio de 100 m medidos desde o límite exterior do ben inventariado. A realización de calquera tipo de obras nestas áreas precisará o informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Evitarase o tránsito de maquinaria nestas áreas.

2. Deberá realizarse un control e seguimento arqueolóxico durante as fases de replanteo, de execución de obra e de restitución dos terreos, en todo o ámbito do parque eólico. Para tal fin, e previamente ó inicio das obras, elaborarase un proxecto arqueolóxico que terá que ser autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Como anexo ó proxecto arqueolóxico, deberase recoller, na cartografía empregada polo persoal de obra durante o seu transcurso, un plano no que figurarán as áreas de risco arqueolóxico, coa localización dos elementos do patrimonio cultural xunto coas súas áreas de exclusión e cautela (obxecto do control e seguimento arqueolóxico). O dito plano incorporará os textos necesarios para a súa comprensión.

3. En relación cos impactos severos sobre os depósitos arquelóxicos Abrigo de Pena da Cruz, Túmulo Chao da Fonce e Petroglifos 1 e 2 de Chao da Fonce, é necesario levar a cabo a seguinte medida correctora:

Os aeroxeradores M-11, M-12 e os viais que os interconecta terán que ser desprazados fóra do ámbito de exclusión de 100 m.

4. Con base nos resultados das actuacións arqueolóxicas, en cada unha destas fases, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como organismo competente na materia, decidirá sobre a conveniencia de establecer outras medidas de protección. Terase en conta que na fase de replanteo revisaranse os impactos e valorarase a aplicación das correspondentes medidas correctoras.

5. Así mesmo e dado que na zona que abrangue o parque tamén se localiza o Parque Eólico de Monseibán, mantense o condicionado establecido para o dito parque, de acordo co informe da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural de data 17 de marzo de 1998.

6. Os traballos arqueolóxicos terán que ser levados a cabo por técnicos arqueólogos competentes, de acordo coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia.

A antiga Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural e a actual Dirección Xeral de Conservación da Natureza, con competencias na materia de referencia, emiten informes sobre o estudio ambiental e a restante documentación ambiental, nos que, en síntese, e tras efectuar unha breve descrición do proxecto avaliado, indícase o seguinte:

Parte das instalacións e infraestructuras do proxecto enclávanse na proposta de LIC denominada Serra

do Xistral. Este espacio atópase, na actualidade, no rexistro xeral de espacios naturais en réxime de protección xeral, establecido así na Orde do 28 de outubro de 1999, prorrogada na Orde do 7 de novembro de 2000. Unha vez efectuadas as oportunas comprobacións, vese que se atopan dentro do espacio natural os oito aeroxeradores designados como M-40 ó M-47, ámbolos dous incluídos, así como as pistas de acceso e gabias do cableado. Estes aeroxeradores son os que se enclavan nas poligonais de afección dos parques eólicos Monseibán e Fonte Toxoso.

Parte do presente proxecto, en caso de executarse, xerará unha afección a algunhas das formacións vexetais e dos hábitats que serviron para incluí-lo espacio no citado rexistro. Afección que se produce como consecuencia da ocupación do solo con elementos permanentes (zapatas dos aeroxeradores, gabias do cableado, pistas...). Segundo as prospeccións feitas o hábitat maiormente afectado se correspondería coas breixeiras húmidas atlánticas meridionais con Erica ciliaris e Erica tetralix, podendo identifica-las instalacións e infraestructuras que os afectan a través dos aeroxeradores que se distribúen sobre estas breixeiras (M-43, M-44 e M-40).

Outro dos hábitats susceptible de verse afectado correpóndese coas turbeiras; así pódese determinar esta posible afección por parte dos aeroxeradores M-47 e M-42.

En todo caso, os aeroxeradores deberán distribuirse sobre as áreas máis degradadas, de forma que non se comprometa o mantemento ou restablecemento dos hábitats referidos nun estado de conservación favorable. Conservación que reviste unha meirande fraxilidade naqueles hábitats ligados fortemente á dinámica hídrica (breixeiras húmidas e turbeiras).

As turbeiras presentan un grao de fraxilidade moi alto a calquera alteración do réxime hídrico existente. Para estes hábitats deberá extremarse calquera afección que comprometa o seu mantemento ou restablecemento nun estado de conservación favorable. Polo tanto, estímase pertinente que se estudie eliminar calquera afección a estes hábitats, buscando alternativas que os eviten, manténdose o cumprimento da premisa proposta.

Se ben se fai referencia ós aeroxeradores, a afección faise extensiva ás demais instalacións e infraestructuras que os acompañan.

Por outro lado, hai unha serie de aves de elevado valor ecolóxico, así recoñecido en diversas lexislacións tanto nacionais como en directivas europeas. Estas aves, como consecuencia da situación con proxecto, sofren unha posible afección traducible nunha mingua das súas poboacións ou incluso na súa desaparición. Afección que pode ser debida ó efecto baleiro do parque, á colisión das aves cos aeroxeradores e á colisión ou electrocución coa liña de alta tensión (non prevista no estudio). É destacable que o hábitat prioritario presente na área é dos máis importantes para a conservación das aves, dentro delas as anteriores.

1. Aínda que se di que a metade oeste do parque atópase enclavado no espacio natural Serra do Xistral.

2. En relación á documentación, só aparecen rúbricas nas caras, e non ó final dos textos nin nos planos, coa excepción do de cultivos e aproveitamentos.

3. No estudio óbviase calquera integración dos afectos sinérxicos que se xeran. Como exemplo temos a non consideración dos parques eólicos contiguos a este.

4. É fundamental a presentación dun plan de seguimento e vixilancia ambiental que se centre nas poboacións de aves, dado que son a clase faunística que presenta un menor grao de homeostasia e resilencia a este tipo de instalacións. Considerará os efectos sinérxicos por parques eólicos próximos e liñas de alta tensión, determinaranse limiares de alerta e integrarase con outros plans de vixilancia da zona.

5. O tema da drenaxe artificial trátase con singularidade no estudio ambiental. A xustificación e deseño non considera criterios ambientais, que deberán ser desenvolvidos e representados graficamente.

6. Para evita-la posible afección ós cursos fluviais, deben adoptarse as medidas precisas para evita-la vertedura de substancias contaminantes ós cursos de auga (cementos, entullos, aceites...). En xeral non poderá verse afectada a calidade das augas nas súas características físico-químicas e bióticas, cumprindo para iso o considerado na lexislación vixente. En relación co tema terase en conta:

-Non se acumularán nos leitos naturais nin nas zonas de servidume, terra, entullos, material sobrante da construcción ou calquera outro tipo de substancias contaminantes que poidan incorporarse ós cursos de auga por escorregas ou crecidas do caudal.

-Evitarase no posible o arrastre de sólidos en suspensión.

-Prohíbese o lavado de materiais e utensilios nos ríos ou regatos.

-Vixiarase con especial atención os posibles procesos erosivos ocasionados polas drenaxes das pistas, tomándose as medidas oportunas para solventar posibles imprevisións durante a planificación ou execución, facendo un seguimento periódico no plan de vixilancia durante a vida do parque.

6. As medidas correctoras e protectoras deben quedar definidas a nivel executable, incluíndose nos correspondentes cronogramas e programándose dentro do plan de obra, tendo en conta que a integración ambiental non é un tema menor subordinado á funcionalidade da obra, antes ben o medio é anterior á actuación e é esta a que debe subordinarse a aquel. Así mesmo, deben establecerse os custes e as medidas de xestión correspondentes.

Nun segundo informe, detállase o contido e características de información requirida para a correcta

avaliación e consideración dos efectos da parte do proxecto que se enclava no espacio natural.

Indícanse unha serie de condicionantes para a execución dos viais, gabias do cableado e plataformas de montaxe, pasos de gando e integración paisaxística do parque eólico. Indica así mesmo que non se ve xustificado o emprego de aeroxeradores de potencia tan baixa (600 kW) cando os hai que case triplican a potencia unitaria e por conseguinte reduciríase o número de aeroxeradores para instalar, coa consecuente diminución da afección ó medio. Haberá que xustifica-lo emprego deste aeroxeradores no espacio natural.

A Dirección Xeral de Obras Públicas informa de que a realización deste proxecto deberá respecta-la Lei 4/1994, de estradas de Galicia, no que atinxe ó uso e defensa destas. As obras, edificacións, cerramentos e accesos que afecten os terreos comprendidos na área de influencia das estradas requirirán, en todo caso, expresa autorización do órgano competente da Administración titular da estrada.

A Dirección Xeral de Turismo emite informe de incidencia turística do proxecto, que inclúe os seguintes puntos: localización e antecedentes, características das instalacións propostas, principios normativos nos que se basea o informe e valoración da incidencia turístico-ambiental do proxecto.

No punto de conclusións indican que a implantación do parque eólico proposto supón unha incidencia turística considerable en termos absolutos, pero reducida en termos relativos, posta en relación coa incidencia paisaxística existente pola presencia doutros parques eólicos.

A Dirección Xeral de Industria emite informe favorable, que inclúe un resumo das características básicas do proxecto, da tramitación realizada, dos informes emitidos polos organismos consultados, dos resultados de información pública e unha proposta de condicionado ambiental, que inclúe os seguintes puntos:

-Ámbito territorial de actuación.-Impacto causado pola ocupación do terreo.-Residuos.-Flora e fauna.-Impacto visual.-Urbanismo.-Programa de vixilancia ambiental.

O organismo autónomo Augas de Galicia emite un informe que inclúe a descrición da rede hidrolóxica na área do parque e un resumo das características do proxecto avaliado. A continuación indica que, con base na planimetría incluída no estudio de impacto, o ámbito competencial corresponderíalle á Confederación Hidrográfica do Norte. Á marxe desta consideración, non formula obxeccións á proposta realizada, agás as medidas e consideracións especificadas.