Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Luns, 10 de marzo de 2003 Páx. 2.865

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación da resolución do expediente sancionador PO-485/2002, por infracción en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co establecido no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícanselles ás persoas que a continuación se relacionan, o non podérselles notificar por correo certificado, as resolucións dictadas nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos, a súa contía e número cítanse de seguido:

Nome: José Ruibal López.

DNI/NIF: 35300312.

Nº expediente: PO-485/2002.

Precepto infrinxido: 26 e) LO 1/1992.

Último domicilio: Loureiro Crespo, 10. 36001 Pontevedra.

Multa: 90 euros.

Esta resolución non esgota a vía administrativa e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada, perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local, no prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ó da súa publicación.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva e poderá facerse efectiva en período voluntario no subseguinte prazo de quince (15) días hábiles, naquelas entidades colaboradoras que se consignan no documento de ingreso (Caixa Galicia cta. contable 840. Código 001), que poderá solicitar na propia Delegación Provincial de Pontevedra facendo consta-lo número de expediente sancionador. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía executiva,

segundo o disposto na Orde do 23 de novembro de 2001, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 5 de decembro).

Pontevedra, 5 de febreiro de 2003.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE