Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Venres, 07 de marzo de 2003 Páx. 2.809

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2003 pola que se anuncia, polo procedemento aberto mediante concurso, un contrato de servicios consistente no desenvolvemento e explotación dos sistemas informáticos do Instituto Galego de Consumo.

Entidade adxudicadora: Instituto Galego de Consumo.

Organismo: Instituto Galego de Consumo.

Obxecto do contrato: os servicios de desenvolvemento e explotación dos sistemas informáticos do Instituto Galego de Consumo.

Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2004, e poderá prorrogarse polo mutuo consentimento das partes antes da súa finalización, segundo se establece no artigo 189 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (TRLCAP).

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: 58.648 A.

Garantía: dispénsase o adxudicatario da constitución da garantía provisional e definitiva, de conformidade cos artigos 35.1º e 37 do TRLCAP, respectivamente.

Obtención de documentación: Instituto Galego de Consumo, Servicios Provinciais de Consumo, Oficinas de Consumo e na Internet, na páxina da Xunta de Galicia.

Domicilio: Praza de Europa 10 A, 2º (edificio Área Central).

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

Teléfono: 981 54 45 12.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: Instituto Galego de Consumo, Servicios Provinciais de Consumo, Oficinas de Consumo ou por Correo, sempre que se cumpra o establecido no artigo 80 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

Domicilio: Praza de Europa 10 A, 2º (Edificio Área Central).

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

Apertura de ofertas: Instituto Galego de Consumo.

Data: décimo primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. De coincidir este en sábado ou día inhábil, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: 11 horas.

Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2003.

Víctor Tello Calvo

Presidente do Instituto Galego de Consumo