Entidade adxudicadora: Instituto Galego de Consumo.
Organismo: Instituto Galego de Consumo.
Obxecto do contrato: os servicios de xestión dos sistemas informáticos do Instituto Galego de Consumo.
Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2004, e poderá prorrogarse polo mutuo consentimento das partes antes da súa finalización, segundo se establece no artigo 189 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (TRLCAP).
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
Orzamento base de licitación: 92.700 A.
Garantía: dispénsase ó adxudicatario da constitución da garantía provisional e definitiva, de conformidade cos artigos 35.1º e 37 do TRLCAP, respectivamente.
Obtención de documentación: Instituto Galego de Consumo, Servicios Provinciais de Consumo, Oficinas de Consumo e na Internet, na páxina da Xunta de Galicia.
Domicilio: Praza de Europa 10 A, 2º (edificio Área Central).
Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.
Teléfono: 981 54 45 12.
Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.
Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.
Lugar de presentación: Instituto Galego de Consumo, Servicios Provinciais de Consumo, Oficinas de Consumo ou por Correo, sempre que se cumpra o establecido no artigo 80 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.
Docimilio: Praza de Europa 10 A, 2º (Edificio Área Central).
Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.
Apertura de ofertas: Instituto Galego de Consumo.
Data: décimo primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. De coincidir este en sábado ou día inhábil, posporase ó primeiro día hábil seguinte.
Hora: 11.30 horas.
Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2003.
Víctor Tello Calvo
Presidente do Instituto Galego de Consumo