Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Venres, 07 de marzo de 2003 Páx. 2.808

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 21 de febreiro de 2003 pola que se lle notifica ó interesado a resolución do director xeral acordada en expediente de desafiuzamento administrativo (expediente PO 82080, conta 92).

De conformidade cos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados, por comparecencia na que se lles dará coñecemento do contido íntegro do acto ó que se notifica.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de tramitación, Servicio de Inspección e Sancións do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Área Central, s/n, Polígono das Fontiñas, en Santiago de Compostela, nun prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación desta cédula.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2003.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo

ANEXO

Interesado: Josefa Charlín Ribadomar.

Último domicilio coñecido: Alemaña, nº 51-2º D, Polígono de Monteporreiro, Pontevedra.

Indicación do contido do acto que se notifica: resolución do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo do 22 de xaneiro de 2003: acorda a resolución de pleno dereito do contrato de aluguer da vivenda identificada co nº de conta 92 do expediente PO 82080 e o lanzamento.

Recursos: contra a citada resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación.