Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Venres, 07 de marzo de 2003 Páx. 2.808

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

CÉDULA do 3 de marzo de 2003, da Área de Explotación e Planificación, pola que se notifica acordo da presidencia do ente público Portos de Galicia emitido en trámite de audiencia a expediente de execución de garantía constituída mediante aval, devolto polo servicio de correos porque intentada a notificación non se puido efectuar.

De conformidade co disposto nos artigos 59.4º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, (BOE nº 285, do 27 de novembro) modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, (BOE nº 112, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último domicilio coñecido que no anexo se mencionan, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, que con data do 26 de decembro de 2002 a presidencia do ente público Portos de Galicia dictou acordo polo que se desestimaban as alegacións formuladas en trámite de audiencia ó abeiro do artigo 20.1º c) do Real decreto 161/1997, do 7 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento da Caixa Xeral de Depósitos, derivadas da execución da garantía depositada para responder das obras dunha concesión administrativa no porto de Tragove caducada en virtude da Resolución do 28 de febreiro de 2002, acordando continuar co procedemento para a execución da referida

fianza, por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

O texto íntegro do acordo encóntrase ó dispor do interesado e poderá examinalo nas dependencias dos servicios centrais do ente público Portos de Galicia, no prazo de 15 días.

E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2003.

Ana Isabel Calzadilla Bouzón

Xefa da Área de Explotación e Planificación

ANEXO

Expediente: 13-36-00-C-1.

Interesado: Servicios Marítimos Vigomar, S.L.

CIF: B-36847135.

Último enderezo coñecido: avda. Atlántida, 132, baixo esquerda, 36208 Vigo, Pontevedra.