Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Venres, 07 de marzo de 2003 Páx. 2.805

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 4 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador en materia de pesca OU-127/02-P, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de 26 de novembro de 1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a proposta de resolución do expediente sancionador por presunta infracción á Lei de pesca fluvial de Galicia 7/1992, do 24 de xullo (DOG nº 151, do 5 de agosto).

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo, nº 18-5º andar e achegar por escrito alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente remitiranse ó delegado provincial desta consellería, para a resolución do procedemento.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial en Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.

Ourense, 4 de febreiro de 2003.

Miriam Areal López

Instructora

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-127/02-P.

Denunciado: Pedro Cabo Barral.

DNI: 34265973.

Derradeiro enderezo coñecido: lgar. San Martiño de Anllo, 56. 27460-Sober. Lugo.

Feito denunciado: non respecta-las distancias establecidas. Non ter documento acreditativo da súa identidade.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 33.3º e 33.1º da Lei de pesca fluvial de Galicia 7/1992.

Sanción: 120,20 A.