Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Venres, 07 de marzo de 2003 Páx. 2.804

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 4 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a incoación do expediente sancionador de caza OU 099/02-C, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a incoación do expediente sancionador por presunta infracción á Lei sobre caza 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia (DOG nº 33, do 11 de xuño).

Noméase instructora dos expedientes a Miriam Areal López, funcionaria desta delegación; o réxime

de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar e achegar por escrito alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

De non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

De conformidade co artigo 42.4º, da Lei 30/1992, en relación coa Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, infórmase de que no caso de non resolve-lo presente expediente no prazo de seis meses, tendo en conta as posibles interrupcións do seu cómputo por causas imputables ó interesado producirase a súa caducidade. A resolución que declare a caducidade ordenará o arquivo das actuacións cos efectos previstos no artigo 92 desta lei.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o conselleiro de Medio Ambiente, de conformidade co disposto no artigo 68 c) da Lei de caza de Galicia.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial en Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.

Ourense, 4 de febreiro de 2003.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente, nº/ano: OU 099/02-C.

Denunciado: Amalio Pliego Villaverde.

DNI: 06512812.

Último enderezo coñecido: r/ As Portas, s/n. 32540 A Gudiña. Ourense.

Feito denunciado: cazar non sendo titular de licencia. Cazar sen ter contratado o seguro obrigatorio.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 58.2º e artigo 58.31º da Lei de caza de Galicia 4/1997.

Sanción: 601,02 A, retirada da licencia de caza e inhabilitación para obtela durante un ano.