Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Venres, 07 de marzo de 2003 Páx. 2.771

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 12 de febreiro de 2003 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de productos agrarios do período 2000-2006 e se convocan para o exercicio orzamentario de 2003.

No DOG nº 36, do 20 de febreiro de 2003, publicouse a devandita orde. Advertidos erros, cómpre face-las seguintes correccións:

No número 1 do artigo 2º onde di: «1. Modificación do artigo 5.5º da Orde do 4 de xuño de 2001. O punto 5 do artigo 5º (condicionantes) quedará redactado como segue:», debe dicir: «1. Modificación do

artigo 6.5º da Orde do 4 de xuño de 2001. O punto 5 do artigo 6º (solicitudes) quedará redactado como segue:».

No número 3 do artigo 2º. (Modificación do anexo I da Orde do 4 de xuño de 2001) onde di: «Engádese un punto 4 no anexo I (investimentos que non poderán ser auxiliados) que terá a seguinte redacción: 4. Independentemente das exclusións sectoriais ...», debe dicir: «Engádese un punto 15 no anexo I (investimentos que non poderán ser auxiliados) que terá a seguinte redacción: 15. Independentemente das exclusións sectoriais ...» a redacción do resto do punto non varía.

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO