Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Venres, 07 de marzo de 2003 Páx. 2.770

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 6 de febreiro de 2003 pola que se modifica a autorización do centro privado Karbo da Coruña.

Examinado o expediente presentado polo centro privado Karbo da Coruña, solicitando autorización para impartir un ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas en substitución do ciclo formativo de grao superior de administración e finanzas.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña que o envía cos informes correspondentes.

Vistos o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26 de xuño), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio) polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo; Orde do 21 de decembro de 1999 (DOG do 31 de xaneiro de 2000) pola que se regulan determinados aspectos relativos a autorización de centros privados exclusivos de formación profesional específica; Decreto 296/1999 (DOG do 18 de novembro) polo que se desenvolven determinados aspectos dos currículos dos ciclos formativos de formación profesional específica na Comunidade Autónoma de Galicia; Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que desenvolve o dito decreto.

Considerando que concorre no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo centro privado Karbo da Coruña, para imparti-lo ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas en quenda de tarde-noite.

Segundo.-Suprímese o ciclo formativo de grao superior de administración e finanzas, quedando a composición resultante segundo se especifica no anexo desta orde.

Terceiro.-Para as ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe da Inspección educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro, así como o equipamento adecuado.

Cuarto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente y a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día siguiente ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso

contencioso-administrativo no prazo do dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Localidade: A Coruña.

Enderezo: Rúa Ramón Cabanillas nº 2 e Rúa Europa nº 14-16.

Código do centro: 15004231.

Denominación: Centro privado Karbo.

Titular: Carrasco Borrego, S.L.

Composición resultante:

Quenda de mañá:

a) Centro de educación infantil: 3 unidades.

b) Centro de educación primaria: 6 unidades.

c) Centro de formación profesional específica:

Familia profesional: informática.

1 ciclo formativo de grao medio de xestión administrativa (1 unidade para 20 alumnos).

1 ciclo formativo de grao medio de comercio (1 unidade para 20 alumnos).

Quenda de tarde-noite:

1 ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos (2 unidades, 20 alumnos/unidade).

1 ciclo formativo de grao superior de desenvolvemento de aplicacións informáticas (2 unidades, 20 alumnos/unidade).

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL