Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Venres, 07 de marzo de 2003 Páx. 2.770

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 29 de xaneiro de 2003 pola que se clasifica como benéfico-docente a Fundación CIP.

Advertido erro na citada orde, publicada na Diario Oficial de Galicia nº 27, do 7 de febreiro de 2003, é necesario face-las oportunas correccións:

Na páxina 1.395, columna primeira.-Orde do 29 de xaneiro de 2003 pola que se clasifica como benéfico-docente a Fundación CIP, onde di: «benéfico-docente», deberá dicir: «mixta».

Na segunda columna da mesma páxina, alínea 33, onde di: «proposta de clasificación como «benéfico-docente»», debe dicir: «mixta». Na mesma columna, alíneas 43 e 44, onde di: «clasificación como «benéfico-docente e a súa adscrición á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria»», debe dicir: «mixta e a súa adscrición á Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública».

Na páxina 1.396, primeira columna, nas alíneas 15 a 17, onde di: «Clasificar como «benéfico-docente a Fundación CIP adscribíndoa á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria»», debe dicir: «Clasificar como «mixta a Fundación CIP adscribíndoa á Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública»».