Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Xoves, 06 de marzo de 2003 Páx. 2.745

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2003 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto, das asistencias técnicas de clave AC/98/061.1 e quince máis.

a) Asistencias técnicas.

1. Asistencia técnica para a realización de expropiacións da obra de nova estrada Meirama-A6 (enlace de Culleredo).

Clave: AC/98/061.1.

Orzamento: sesenta e dous mil novecentos setenta e tres euros con oitenta e cinco céntimos (62.973,85 euros).

Prazo de execución: 18 meses.

2. Asistencia técnica para a realización de expropiacións da obra de acondicionamento da estrada C-531 Xinzo-Vilagarcía de Arousa. Treito: Vilavidal-Cortegada.

Clave: OU/99/059.01

Orzamento: cento trinta e seis mil cincocentos setenta e seis euros con setenta e oito céntimos (136.576,78 euros).

Prazo de execución: 18 meses

3. Asistencia técnica para a redacción de proxecto de trazado e construcción da obra: Plan Galicia: acondicionamento da C-552 Carballo-Fisterra. Treito: Berdoias-Cee.

Clave: AC/03/004.01.

Orzamento: douscentos vinteoito mil corenta e oito euros con noventa e oito céntimos (228.048,98 euros).

Prazo de execución: 12 meses.

4. Asistencia técnica para a redacción de proxecto de trazado e construcción da obra Plan Galicia: mellora de trazado e capacidade da C-550 Cee-Tui. Treito: Muros-Noia. Subtreito: Muros, límite municipal A Serra de Outes.

Clave: AC/03/005.01.

Orzamento: douscentos vinteoito mil douscentos sesenta e nove euros con oitenta e cinco céntimos (228.269,85 euros).

Prazo de execución: 12 meses.

5. Asistencia técnica para a redacción de proxecto de trazado e construcción da obra Plan Galicia: mellora de trazado e capacidade da C-550 Cee-Tui. Treito: Muros-Noia. Subtreito: límite municipal de Muros coa Serra de Outes.

Clave: AC/03/006.01.

Orzamento: douscentos cincuenta e nove mil trescentos quince euros con catro céntimos. (259.315,04 euros).

Prazo de execución: 12 meses.

6. Asistencia técnica para a redacción de estudio informativo e impacto ambiental da obra Plan Galicia: vía de alta capacidade. Brión-Negreira (incluída variante de Noia). Plan Galicia: variante de Negreira.

Clave: AC/03/008.00.

Orzamento: douscentos trinta e seis mil trescentos vintecatro euros con corenta e oito céntimos (236.324,48 euros).

Prazo de execución: 18 meses.

7. Asistencia técnica para a redacción de proxecto de trazado e construcción da obra: Plan Galicia: acondicionamento da AC-414 Carballo-Buño, e da AC-420 Buño-Malpica de Bergantiños.

Clave: AC/03/010.01.

Orzamento: douscentos vintesete mil novecentos trinta e oito euros con cincuenta e cinco céntimos (227.938,55 euros).

Prazo de execución: 12 meses.

8. Asistencia técnica para a redacción de proxecto de trazado e construcción da obra Plan Galicia: acon

dicionamento da AC-422 Buño-Ponteceso e da AC-424 Ponteceso-Corme.

Clave: AC/03/012.01.

Orzamento: douscentos sesenta e catro mil douscentos noventa e oito euros con vintenove céntimos (264.298,29 euros).

Prazo de execución: 12 meses.

9. Asistencia técnica para a redacción de estudio informativo e impacto ambiental da obra Plan Galicia: vía de alta capacidade Carballo-Berdoias (incluída conexión A-55).

Clave: AC/03/026.00.

Orzamento: douscentos oitenta e dous mil trescentos corenta e sete euros con dous céntimos (282.347,02 euros).

Prazo de execución: 18 meses.

10. Asistencia técnica para a redacción de proxecto de trazado e construcción da obra Plan Galicia: desdobramento (conversión en autovía) da vía rápida da Barbanza.

Clave: AC/03/036.01.

Orzamento: douscentos oitenta e dous mil cincocentos cincuenta e catro euros con oito céntimos (282.554,08 euros).

Prazo de execución: 18 meses.

11. Asistencia técnica para a redacción de estudio nformativo e impacto ambiental da obra Plan Galicia: variante de Cee-Corcubión

Clave: AC/03/038.00.

Orzamento: trinta e catro mil sesenta e oito euros con vintesete céntimos (34.068,27 euros).

Prazo de execución: 18 meses.

12. Asistencia técnica para a redacción de estudio informativo e impacto ambiental da obra Plan Galicia: vía de alta capacidade: Sarria-Monforte de Lemos.

Clave: LU/03/007.00

Orzamento: douscentos cincuenta e sete mil seiscentos dez euros con vintecinco céntimos (257.610,25 euros).

Prazo de execución: 18 meses.

13. Asistencia técnica para a redacción de estudio informativo e impacto ambiental da obra Plan Galicia: vía de alta capacidade: Tui (incluído enlace autovía a Portugal)-A Guarda.

Clave: PO/03/009.00.

Orzamento: douscentos vinteún mil cento doce euros con corenta e sete céntimos (221.112,47 euros).

Prazo de execución: 18 meses.

14. Asistencia técnica para a redacción de proxecto de trazado e construcción da obra Plan Galicia: acon

dicionamento da AC-403 Muros-Santa Comba. Treito: Muros-As Paxareiras.

Clave: AC/01/080.01.3.

Orzamento: cento setenta e catro mil cincocentos setenta e dous euros con vintenove céntimos (174.572,29 euros).

Prazo de execución: 12 meses.

15. Asistencia técnica para a redacción de proxecto de trazado e construcción da obra Plan Galicia: mellora de trazado e capacidade da N-540. Treito: Celanova Sur-Fronteira Portuguesa.

Clave: OU/01/101.01.1.

Orzamento: douscentos vinteseis mil seiscentos sesenta e oito euros con cincuenta e oito céntimos (226.668,58 euros).

Prazo de execución: 12 meses.

16. Asistencia técnica para a redacción de estudio informativo e impacto ambiental da actuación Plan Galicia: eixe Ourense-Portugal. Vía de alta capacidade autovía A-52-Celanova sur e variante de Bande.

Clave: OU/01/101.01.2.

Orzamento: cento trinta e cinco mil cento corenta e un euros con dezaseis céntimos (135.141,16 euros).

Prazo de execución: 18 meses.

Solicitaranse os medios de acreditación da personalidade xurídica e capacidade previstos no artigo 15 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia económica e financeira e a solvencia técnica ou profesional acreditaranse segundo se especifica no cadro de características do prego de prescricións técnicas particulares, de conformidade co disposto nos artigos 16 e 19 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Achegaranse copias autenticadas do persoal consultor en relación co especificado no prego de prescricións técnicas particulares.

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda; edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 50 45.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratación/

E en Copy Nino, rúa Xeneral Pardiñas nº 2. Teléfono 981 58 89 38.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de adxudicación.

A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

O prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta é de tres (3) meses desde a apertura das proposicións.

g) Outras informacións.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica no punto 2.2.6 Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

h) Variantes: segundo o especificado no cadro de características do prego de prescricións técnicas.

i) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2003.

P.D. (Orde 21-11-2002)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda