Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Xoves, 06 de marzo de 2003 Páx. 2.747

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas, se aproba o proxecto de execución, se modifica o recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial e se declara de utilidade pública, en concreto, as instalacións do proxecto modificado do parque eólico denominado Penas Grandes, situado nos concellos de Carballedo (Lugo) e Rodeiro (Pontevedra), promovido polo Grupo Elecnor, S.A. (Expediente 08/00 DXIEM-EOL).

Examinado o expediente instruído a pedimento do Grupo Elecnor, S.A. con enderezo para efectos de notificacións en praza Manuel Gómez Moreno, s/n, Edificio Bronce, planta 6ª, 28020 Madrid, sobre autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución, modificación do recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción eléctrica e declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto modificado do parque eólico denominado Penas Grandes; resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Por Resolución do 14 de febreiro de 2002, publicada no DOG do 15 de maio de 2002, esta dirección xeral, autorizou as instalacións electromecánicas, aprobou o proxecto de execución e recoñeceu a condición de instalación acollida ó réxime especial de producción eléctrica, regulado polo Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración, á instalación do parque eólico de Penas Grandes.

Segundo.-O 19 de xuño de 2002, Guillermo Planas Roca, en nome e representación do Grupo Elecnor, S.A., solicitou a autorización administrativa, a aprobación de proxecto de execución, a modificación do recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica e a declaración da utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto modificado do parque eólico denominado Penas Grandes, de 14,4 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e o Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos

ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración.

Terceiro.-O proxecto modificado do parque eólico Penas Grandes someteuse a información pública para os efectos previstos no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e o Decreto 302/2001, do 25 de outubro, xa ditos, mediante resolución da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas do 6 de setembro de 2002, publicados no BOP do 24 de setembro de 2002, no BOP do 2 de outubro de 2002, no diario El Progreso do 24 de setembro de 2002 e no Faro de Vigo do 24 de setembro de 2002, DOG do 30 de setembro de 2002 e no taboleiro de anuncios do concellos de Carballedo (Lugo) e Rodeiro (Pontevedra).

Durante o período de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

As comunidades de montes de Barrio e de Couso, Camilo Jorge Gómez, José Cambeiro, Ana Fernández Crespo, José Fernández, Francisco Corzo Blanco, Obdulia Rodríguez, José Janeiro, David Janeiro, Lourdes Meijomil, Aurelio Míguez, Mario Pereira, Rosa Pérez Míguez, Aurelio Jorge González, Manuel Mazaira, Miguel Rodríguez, Lourdes Fernández Álvarez, Victoriano Meijomil Vázquez, Miguel Fernández Valladares, José Jorge Albor, Carmen García, José Romay Osorio y Teresa Míguez García, mediante os respectivos escritos remitidos, todos o 30 de outubro de 2002, á Delegación Provincial de Pontevedra, opóñense á autorización que nos ocupa baseándose na imposibilidade legal de adopta-la devandita autorización ó supoñe-lo descoñecemento da eficacia da resolución dictada por esta dirección xeral o 14 de febreiro de 2002, para o que cita os artigos 54, 57, 62, 63, 94, 102, 105 e 106 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Por outra parte, os anteriores alegantes manifestan que o proxecto modificado do parque eólico de Penas Grandes ten que pasar pola necesaria aprobación da declaración de impacto ambiental que terá que dictar a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental xa que a actual declaración de impacto ambiental, dictada o 17 de abril de 2002, non é extrapolable ó actual proxecto modificado debido ós cambios existentes.

Cuarto.-O 13 de novembro de 2002 e o 20 de xaneiro de 2003, as delegacións provinciais respectivas da Consellería de Innovación, de Industria e Comercio de Pontevedra e Lugo, emitiron informe favorable sobre o devandito proxecto, coas seguintes características básicas:

Situación: concellos de Carballedo (Lugo) y Rodeiro (Pontevedra).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

XY

587.5004.715.000

588.5004.716.000

589.0004.717.000

589.0004.718.000

590.0004.719.000

590.1284.719.000

589.8894.718.354

590.0084.717.589

589.5004.716.000

589.0004.715.000

Características técnicas do parque eólico:

-Nº de aeroxeradores: 9.

-Potencia nominal unitaria: 1.600 kW.

-Potencia total instalada: 14,4 MW.

-Tipo de aeroxerador: Ecotecnia 1.600.

-Producción neta anual estimada: 37,76 GWh.

-Orzamento total: 11.721.416,45 A.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de xeración, transformación e interconexión:

-9 centros de transformación (situados no interior de cada aeroxerador) de 2.000 KVA de potencia e conexión Dyn 11, 0,4/0,69/30 kV e a súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

-Cada aeroxerador está equipado cun autotransformador 690/220 V para servicios auxiliares (iluminación de torre e tomas de corrente para mantemento).

-Rede colectora soterrada, que percorre o conxunto dos aeroxeradores, interconectándoos coas celas de 30 kV da subestación 30/132kV que recolle a enerxía do parque.

-A subestación transformadora de 30/132 kV, para a evacuación da enerxía, e a liña para a conexión á rede eléctrica, serán as mesmas que se utilizarán para a evacuación da enerxía dos parques de Monte Cabeza, Chantada e Farelo, e serán obxecto de proxecto independente.

Quinto.-O 28 de xaneiro de 2001, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou a declaración de impacto ambiental do devandito parque eólico, modificada pola Resolución do 10 de setembro de 2002 e pola Resolución do 13 de xaneiro de 2003.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, e o Decreto 8/2003, do 18 de

xaneiro, polo que se modifica a estructura orgánica da Xunta de Galicia, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, Decreto 302/2001, do 25 de outubro e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, xa citados.

Segundo.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación dada a estas por parte da empresa promotora e do resto de documentación que figura no expediente, queda de manifesto que:

1. Segundo o exposto nos antecedentes de feito desta resolución, o proxecto conta coa preceptiva declaración de impacto ambiental realizada pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

2. A autorización do proxecto modificado que nos ocupa realizarase en virtude do establecido no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, xa mencionado.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites procedementais sinalados no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e no Decreto 302/2001, do 25 de outubro. Así mesmo, a instalación e o seu proxecto de execución reúnen tódolos requisitos técnicos esixibles.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE

-Autorizar a Grupo Elecnor, S.A. a instalación dos equipos electromecánicos do proxecto modificado do parque eólico de Penas Grandes, cunha potencia total instalada de 14,4 MW.

-Aproba-lo proxecto de execución da devandita instalación.

-Modificar, a esa instalación, o recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial do R.D. 2818/1998, e incluíla no grupo b.2 do artigo 2 do devandito real decreto.

-Declarar de utilidade pública, en concreto, as instalacións do proxecto modificado do parque eólico de Penas Grandes, nos termos municipais de Carballedo (Lugo) e Rodeiro (Pontevedra).

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-O Grupo Elecnor, S.A., para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes contado desde o outorgamento da presente autorización, unha fianza de 234.428,30 euros, importe do 2% do orzamento que figura no expediente, para garanti-lo cumprimento das súas obrigas, conforme o disposto no artigo 19 do devandito Decreto 302/2001, do 25 de outubro.

A dita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no

artigo 1.1º, punto 39 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e será devolta unha vez que se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa cun orzamento de 11.721.416,45 euros.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto será necesaria a previa autorización desta dirección xeral. Así mesmo, as delegacións provinciais da Consellería de Innovación, de Industria e Comercio de Lugo e Pontevedra poderán autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, as delegacións provinciais da Consellería de Innovación, de Industria e Comercio de Lugo e Pontevedra inspeccionarán a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificarán o cumprimento dos compromisos contraídos por el Grupo Elecnor, S.A. no seu plan eólico.

Quinta.-Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribi-la mesma no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG do 14 de xullo), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 12 do R.D. 2818/1998, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde.

A instalación adaptarase ó procedemento de captación e procesamento de datos de producción de enerxía eléctrica de Galicia regulado pola Orde do 29 de xullo de 2002 (DOG do 13 de agosto).

Sexta.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento dos condicionados impostos nesta resolución e na declaración de impacto ambiental do 13 de xaneiro de 2003, así como aquelas que no seu día se emitan conforme o disposto no artigo 7.1º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia.

Sétima.-A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto esta autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Oitava.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións,

licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas