Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Xoves, 06 de marzo de 2003 Páx. 2.744

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2003 pola que se fan públicas as adxudicacións de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 21 de novembro de 2002, resolveu adxudica-los seguintes contratos:

-Contrato de execución de obras de pavimentación da praza da Igrexa de Santa María de Entrimo (Ourense).

Anuncio de licitación: DOG nº 183, do 23 de setembro de 2002.

Adxudicatario: Proyecon Galicia, S.A.

Proposta de adxudicación: noventa e sete mil oitocentos oitenta e cinco (97.885,00) euros.

Prazo de execución: 2,5 meses.

-Contrato de execución de obras de urbanización do paseo Eusebio Dávila (antiga rúa Real) na vila de Ortigueira.

Anuncio de licitación: DOG nº 193, do 7 de outubro de 2002.

Adxudicatario: Xestión Forestal e Medioambiental.

Proposta de adxudicación: setecentos trinta e dous mil catrocentos quince euros con setenta e dous céntimos (732.415,72 euros).

Prazo de execución: dezasete (17) meses.

-Contrato de execución de obras de remodelación da praza de Eladio Rodríguez en San Clodio, no concello de Leiro (Ourense).

Anuncio de licitación: DOG nº 209, do 29 de outubro de 2002.

Adxudicatario: Extraco, S.A.

Proposta de adxudicación: cento oitenta e catro mil seiscentos corenta (184.640,00) euros.

Prazo de execución: dezasete (17) meses.

-Contrato de execución de obras de acondicionamento da praza antiga feira de vacas de Palas de Rei (Lugo).

Anuncio de licitación: DOG nº 187, do 27 de setembro de 2002.

Adxudicatario: Misturas, Obras e Proxectos, S.A. Misturas, S.A.

Proposta de adxudicación: trescentos vintesete mil setecentos vintecinco (327.725,00) euros.

Prazo de execución: catorce (14) meses.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2003.

P.D. (Orde 21-11-2002)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda