Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Mércores, 05 de marzo de 2003 Páx. 2.719

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NEDA

ANUNCIO.

Por acordo da Comisión de Goberno con data do 10 de febreiro de 2003 aprobouse o expediente administrativo, para contratar polo sistema de poxa con procedemento aberto en trámite normal a obra de proxecto de colector de residuais entre Maciñeira e A Mourela Baixa.

A través do presente anuncio convócase a licitación de acordo coas seguintes condicións:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Neda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Número de expediente: 2/2003.

2. Obxecto do contrato e prazo de execución.

a) Descrición: proxecto colector de residuais entre Maciñeira e Mourela Baixa.

b) Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: normal.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Orzamento base da licitación.

Importe: 142.563,21 A.

5. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención da documentación.

a) Entidade: copistería Cutus.

b) Enderezo: r/ Cuntis, 75.

c) Localidade e código postal: Ferrol.

d) Teléfono: 981 33 31 82.

e) Data límite para obter documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: durante o prazo de vinteseis días naturais (26), contados a partir do seguinte ó da publicación do último anuncio, ben sexa no BOP ou DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a establecida no artigo 12 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Neda.

-Enderezo: avda. Algeciras, 34-1º.

-Localidade e código postal: 15510 Neda.

d) Prazo durante o cal o licitador ten a obriga de mante-la súa oferta: tres meses contados desde o seguinte á apertura das plicas.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello de Neda.

b) Enderezo: avda. Algeciras 34.

c) Localidade: Neda.

d) Data: o quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. Se cadra un sábado ou festivo prorrogarase ata o día hábil seguinte.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Gastos de anuncios.

Os gastos deste anuncio, así como todos aqueles que resultaren da execución do presente contrato, serán por conta do contratista adxudicatario.

Neda, 11 de febreiro de 2003.

Xosé C. Pita López

Alcalde