Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Mércores, 05 de marzo de 2003 Páx. 2.720

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-394).

Por resolución desta Alcaldía nº 585/2003, con data do 7 de febreiro de 2003, acordouse proceder á información pública do convenio de colaboración entre o Concello de Oleiros e Inversiones Iñás, S.L. para a xestión polo sistema de cooperación dos terreos incluídos no ámbito do SUNP I-33-R, en Iñás, de conformidade co correspondente plan parcial, mediante anuncio para publicar no DOG e en El Ideal Gallego, polo prazo de vinte días, nas oficinas municipais de Urbanismo de 9 a 13 horas tódolos días laborables, prazo que computará desde a derradeira publicación, e no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 13 de febreiro de 2003.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta