Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Mércores, 05 de marzo de 2003 Páx. 2.718

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONTERROSO

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Monterroso.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: concesión do servicio de axuda a domicilio.

b) Lugar de execución: o municipio ó tratarse dun servicio a prestar nos domicilios dos usuarios.

c) Prazo de execución: 2 anos, prorrogable mediante acordo expreso das partes, ata un máximo de oito.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: a retribución do concesionario liquidarase ó prezo máximo de 7,51 A por hora de servicio efectivamente prestada ó usuario.

5. Garantías.

a) Provisional: 300 A.

b) Definitiva: 600 A.

6. Obtención de información.

Concello de Monterroso, praza de Galicia 1. Teléfono: 982 37 70 01. Fax: 982 37 76 17.

a) Data límite para obtela: ata que remate o prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, non se esixe.

b) Solvencia económico, financeira e técnica: acreditarase polos medios que se establecen na base décimo sétima, parágrafos 7 e 8 (sobre A).

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite: o décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Lugo, tomando como data para o comezo do cómputo o seguinte ó da derradeira publicación que se produza.

b) Documentación que integrará as ofertas.

-Sobre A: comprenderá todos e cada un dos documentos que se sinalan na base 17.1 ó 9.

-Sobre B: comprenderá a documentación técnica que se sinala na base décimo sétima.

-Sobre C: comprenderá a proposición económica segundo o modelo que se establece na base décimo sétima.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Monterroso. Praza de Galicia, nº 1. C.P. 27560 Monterroso (Lugo).

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la oferta: un mes contado desde a data en que remate o prazo de presentación das ofertas.

9. Apertura de ofertas: na casa do Concello de Monterroso, o quinto día hábil siguiente ó que remate o prazo de presentación, ás doce horas.

10. Gastos de anuncios: será por conta do adxudicatario o aboamento de cantos anuncios se publiquen con ocasión deste contrato.

Monterroso, 19 de febreiro de 2003.

Antonio Edelmiro Gato Soengas

Alcalde-presidente