Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Mércores, 05 de marzo de 2003 Páx. 2.718

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA MEZQUITA

ANUNCIO.

No BOP de Ourense número 20, do 25 de xaneiro de 2003, insírese anuncio sobre convocatoria e bases do concurso-oposición para cubrir unha praza de

persoal de oficios (subescala de Servicios Especiais; escala de Administración especial; grupo E, NCD 14).

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOE no que se fará referencia á publicación das bases da convocatoria no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse unicamente no BOP e no taboleiro de anuncios do concello.

A Mezquita, 28 de xaneiro de 2003.

Fco. José Montesinos Rodríguez

Alcalde