Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Mércores, 05 de marzo de 2003 Páx. 2.717

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CEDEIRA

EDICTO polo que se fai pública a oferta de emprego público do ano 2003.

Aprobada mediante Resolución de data do 17 de febreiro de 2003, a oferta de emprego público deste concello, correspondente ó ano 2003, pola presente, en cumprimento do preceptuado no artigo 91 da Lei reguladora das bases do réxime local do 2 de abril de 1985, en relación co artigo 18 da Lei 30/1984, de medidas para a reforma da función público, faise pública esta:

Funcionarios de carreira.

Grupo (art. 30 Lei 30/1984): C.

Clasificación: escala de administración xeral-subescala administrativa.

Nº de prazas: 1.

Denominación: administrativo.

Sistema de provisión: promoción interna.

Sistema de selección: oposición.

Cedeira: 17 de febreiro de 2003.

Xoán Xosé Rodríguez Pérez

Alcalde-presidente