Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Mércores, 05 de marzo de 2003 Páx. 2.717

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUARDA

ANUNCIO.

Por resolución da Alcaldía do 10 de xaneiro de 2003, foi aprobado o prego de cláusulas administrativas-técnicas que rexerán na contratación polo procedemento aberto e urxente da adquisición de tres aseos públicos autolimpables adaptados para minusválidos o cal se expón ó público polo prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio no BOP para que poidan presentarse reclamacións.

Simultaneamente, se anuncia o concurso se ben a licitación se adiará, canto resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Alcalde.

Dependencia que tramita o expediente: Concellería de Turismo.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: adquisición de tres aseos autolimpables adaptados para minusválidos.

Prazo de entrega: 1 mes a partir da notificación da adxudicación.

3. Tramitación, procedemento e forma.

Tramitación: urxente.

Procedimento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento base: 43.000 euros, IVE incluido.

Criterios de selección para a adxudicación da obra: cláusula 2 do prego.

5. Garantías.

Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

Prazo: 1 ano desde a recepción formal da subministración

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: rexistro xeral do concello.

Domicilio: praza do Reló.

Data límite para solicitar presentación: 8 días naturais a partir da publicación do edicto de licitación no DOG.

7. Presentación de ofertas.

Prazo: cláusula 13 do prego.

Documentación: cláusula 12 do prego.

Lugar de presentación: rexistro xeral do concello.

8. Apertura ofertas.

Entidade, domicilio e localidade: Concello da Guarda, praza do Reló (A Guarda).

Data e hora: 13 horas do terceiro día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de ofertas e será público.

9. Gastos anuncios.

Serán por conta dos adxudicatarios.

A Guarda, 24 de febrero de 2003.

José Luis Alonso Riego

Alcalde