Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Mércores, 05 de marzo de 2003 Páx. 2.716

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOQUEIXÓN

ANUNCIO de licitación.

1. Proxecto: acondicionamento dun edificio situado no lugar de Lestedo para dedicalo a gardería infantil-Concello de Boqueixón.

2. Orzamento:

Exercicio orzamentario importe (IVE incluído).

2003: 42.741,81 euros.

2004: 30.000 euros.

2005: 110.000 euros.

Total, IVE incluído: 182.741,81 euros.

3. Aplicación orzamentaria: 313.611.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso, de acordo co prego de cláusulas aprobado polo Pleno en sesión que tivo lugar o día 19 de febreiro de 2003. O prego sométese a información pública xuntamente coa convocatoria de licitación, que se aprazará no suposto de que se formulen reclamacións contra el no prazo de 8 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG. Se o último día coincide en domingo ou festivo, prorrogarase ó seguinte día hábil.

5. Clasificación: grupo C, subgrupo 1/2/4/6/8/9; categoría: c.

6. Prazo de execución: 24 meses.

7. Lugar e prazo de presentación de ofertas:

Prazo de presentación: 13 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG. Tamén se publicará no xornal El Correo Gallego.

Lugar de presentación: rexistro xeral do concello, das 9 ás 14 horas de luns a venres, ou a través de calquera dos medios establecidos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Se se envían por correo, o licitador deberá anunciarlle ó órgano de contratación no mesmo día da imposición, mediante télex, telegrama ou fax, o envío dos sobres para concorrer ó concurso. Sen a concorrencia da xustificación da imposición da data e do anuncio de envío por correo, non será admitida a proposición, se é recibida polo concello con posterioridade á data de terminación do prazo de presentación de proposicións. Transcorridos, non obstante, os 10 días seguintes ó da indicada data sen recibi-la documentación, está non será admitida en ningún caso.

Modelo de proposición e sobre: os sinalados no prego de cláusulas.

8. Garantía provisional: non se esixe.

9. Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

10. Importe máximo dos custos de publicidade de licitación por conta do contratista: o importe máximo do custo das publicacións no BOP, no DOG e en prensa non excederá de 1.200 euros.

11. Revisión de prezos: non procede.

12. Control de calidade: si (cláusula 12.2 b do prego).

13. Acto público de apertura de plicas: ás doce horas do sétimo día (contaranse días naturais) seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións terá lugar o acto público de apertura de proposicións económicos. De coincidir en sábado, domingo ou festivo, esta terá lugar o seguinte día hábil.

Previamente (o terceiro día seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións) procederase á apertura dos sobres A de documentación e cualificaranse os documentos presentados en tempo e forma.

Outros datos:

Información teléfono: 981 51 30 52.

Lugar onde se poden obter copias do proxecto e prego: secretaría xeral do concello.

Boqueixón, 20 de febreiro de 2003.

Adolfo Gacio Vázquez

Alcalde-presidente